Malia a que o verán é polo xeral época de pouca actividade cultural, neste de 2007 a Cidade da Cultura mantén a súa importancia informativa. Aos polémicos informes do Consello de Contas sobre a súa contratación e xestión, súmase agora a proposta do Ministro de Cultura, César Antonio Molina, de abrir a actividade do Gaiás celebrando a independencia de Iberoamérica. E aÃnda hai máis.
Non hai descanso. A polémica da Cidade da Cultura continúa este verán acesa. Semana tras semana informes, declaracións, propostas e queixas manteñen de actualidade informativa o complexo do Monte Gaiás. A última badalada veu, onte mesmo, da man do ministro de Cultura. Na primeira xornada da súa visita a Galicia, César Antonio Molina anunciou a súa intención a que este complexo acolla para 2010 os actos de celebración do bicentenario das independencias dos paÃses do Cono Sur. Entre estes, apuntou a posibilidade de organizar no Gaiás un cumio de presidentes latinoamericanos. O Ministro, que recoñeceu que “non nos corresponde a min nin ao presidente galego” a decisión sobre este evento, apuntou que “podemos suxerilo”. A proposta de Molina pretende que as actividades neste sentido se desenvolvan ao longo de dous ou tres anos e que inclúan, ademais do xa mencionado cumio, exposicións, congresos e encontros de escritores e de artistas. Esta iniciativa está consonte co anuncio que o presidente do Goberno Central, RodrÃguez Zapatero, fixo xa en febreiro sobre que a Cidade deberá servir coma ponte entre Europa e América.
A réplica popular
A coincidir con esta mostra de interese do Goberno de Madrid polo complexo galego, o presidente dos populares galegos, Alberte Núñez Feijoo, reclamoulle onte mesmo ao Goberno Central que financie un 33% da obra. “Só se entenderÃa que é un proxecto de Estado” tal e como anunciara o presidente, “se recibe un terzo do investimento, se é que non pode chegar ao 40%”. Non foi esta a única intervención do Partido Popular de Galicia sobre a cuestión nos últimos dÃas. A polémica que o informe do Consello de Contas levantou sobre a contratación dos proxectos do Gaiás durante o goberno de Manuel Fraga tamén motivou respostas deste grupo polÃtico. Nese sentido Feijoo recoñeceu que a tramitación do proxecto “non é un dos expedientes dos que o Partido Popular se sinta máis orgulloso” e aceptou as crÃticas deste organismo aÃnda que apuntou que non está de acordo con todas elas.
O informe
E é que, a pasada semana, o Consello de Contas presentaba un texto no que salientaba toda unha serie de “importantes deficiencias” na elaboración e desenvolvemento do proxecto. A excesiva capacidade de decisión que se lle outorgou ao arquitecto do complexo, Eisenman, de cara á definición do mesmo. As contratacións de obras con proxectos sen aprobar. Claúsulas que impedÃan aforros nos proxectos de construción. A ausencia de “programas de actuación, investimentos e financiamento aos que a Xunta estaba legalmente obrigada”. A lista de crÃticas que este organismo realizou sobre a planificación e desenvolvemento da iniciativa está a cubrir nos últimos dÃas unha manchea de páxinas de xornal. As precisións chegaron tamén ao actual goberno, ao que o Consello lle recriminou o xeito de organizar as comisións de asesoramento externo que se encargaron de achegar ideas para definir os contidos do proxecto. A ConsellarÃa de Cultura defendeuse sinalando que co cambio de goberno o proxecto gañou en “transparencia” e reclamou o carácter democrático das consultas que realizou a profesionais de diferentes eidos da nosa cultura.
Desde o local
E non foi iso todo. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tampouco deixou pasar estes dÃas o tema. A pasada semana diferentes medios recollÃan a proposta de que o rexedor reclamaba que se estendese ata o complexo do Gaiás a declaración de Patrimonio da Humanidade do posúe o casco histórico compostelán. A proposta de Bugallo inserÃase na idea de ampliar a área urbana recoñecida ao cinto verde que rodea a Cidade Antiga. Logo da polémica que provocou esta proposta, o alcalde recoñeceu a “dificultade” de que o organismo internacional recoñeza este espazo xa que a distinción está destinada a “bens naturais e edificios cun importante contido histórico”, condicións que non cumpre o Gaiás.
Desde as letras
E máis. Hoxe mesmo, “Galicia Hoxe” recolle a proposta do escritor Manolo Rivas para que o espazo mude o seu nome, que considera “anacrónico e mussoliniano” polo topónimo orixinal de Gaiás. O autor vencella demais este topónimo con Gaia, nome grego do planeta Terra. Rivas apostou tamén por lle dar unha “dimensión internacional ao complexo” e á necesidade de “ser ambiciosos para implicar os mellores creadores do mundo”. E aÃnda o que nos ha quedar. A Cidade da Cultura, mantense vizosa tamén de verán.