En latÃn, o termo pagus designa un territorio gobernado de xeito descentralizado en democrático. Na actualidade ademais, esta palabra é o acrónimo do Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sustentable. Baixo estas siglas, diferentes vilas do noso paÃs teñen iniciado nos últimos anos diferentes proxectos de recuperación nos que converxe a recuperación urbana e mais o emprego das novas tecnoloxÃas.
Idoia Camiruaga, que desde a Oficina de Rehabilitación do Consorcio de Santiago foi responsable en boa parte da posta en marcha deste programa, explÃcanos como se xestou a iniciativa: "O PAGUS naceu cara ao 2002 a partir de experiencias que xa existÃan. En Galicia, por exemplo, contamos con máis de trinta áreas de rehabilitación, e a intención era poñelas en contacto e contrastar a nosa experiencia coa doutras rexións europeas", explica. Deste xeito, os concellos de Allariz, Celanova, Ferrol, Mondoñedo, Lugo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela e Vigo sumáronse a esta proposta.
Recuperación internacional
O programa, de calquera xeito, non se reduce unicamente a Galicia. Localidades de Italia, Malta, Grecia, AndalucÃa e o Norte de Portugal participaron tamén na iniciativa, que se financiou mediante un programa Interreg da Unión Europea. Dentro deste panorama, o noso paÃs desempeñou un papel fundamental para que a iniciativa se puxese a andar. "Galicia foi un dos motores do programa e actuou como lÃder en moitos aspectos", explica Camiruaga. Por exemplo, o equipo galego "foi o encargado de liderar a capacitación dos axentes que interveñen na rehabilitación, desde técnicos a empresas e artesáns". É dicir, en boa medida, "Galicia estableceu os estándares de rehabilitación de todas estas cidades" a nivel europeo.
Accións concretas
Para alén das propostas que poden semellar máis teóricas, incluÃronse tamén no programa PAGUS toda unha serie de medidas prácticas que xa están a se ver. Deste xeito, as accións de accesibilidade que se desenvolveron recentemente nos cascos históricos de Pontevedra, Lugo ou Ribadavia participan desta iniciativa. En Ribadeo, e dentro das propostas de mellora da mobilidade nos cascos históricos, instalouse un ascensor para chegar á zona alta da vila desde o porto. Pola súa banda, en Allariz integrouse no PAGUS o proxecto da radio municipal e mais unha ampla sección sobre urbanismo no portal local. Canda a isto, diferentes aplicacións web centradas no debate sobre o urbanismo e a recuperación de centros históricos, iniciativas de difusión, guÃas e puntos de información foron tamén propostas que xurdiron do PAGUS.
Propostas virtuais
Posiblemente as iniciativas máis espectaculares que deu este programa foron os diferentes museos virtuais que vilas coma Celanova, Mondoñedo, Ribadeo ou Ribadavia aproveitaron. Reconstrucións dixitais das vilas en distintas épocas da antigüidade canda a fotografÃas e mostras dos seus principais elementos artÃsticos e arquitectónicos favorecen o coñecemento destes espazos. Moitos destes proxectos están xa dispoñibles na rede, e todo o material do programa está preparado para subirse axiña ao web renovacionurbana.net, que concentra ios contidos do programa.
Contactos internacionais
Como é de agardar, a dimensión europea do proxecto facilita enormemente o intercambio de coñecementos entre as localidades participantes, “Houbo experiencias destacadas con Guimarães, AndalucÃa ou Malta, onde se traballou moito sobre as fortificacións”, explica Camiruaga. Ao tempo, desde Compostela traballouse tamén no proxecto PAGUSAL, que comparte con América Latina experiencias neste campo. Na actualidade, co proxecto europeo a se pechar, está previsto que continúe a coordinación encol destes temas. “Vanse continuar as accións que xa se iniciaron”, lembra esta responsable, que indica que existe unha vontade xeral de continuar o camiño de intercambio de experiencias.
Liderado galego
Nun panorama no que a miúdo predomina a visión máis pesimista sobre a situación do noso patrimonio urbano, sorprende a imaxe de liderado que a nivel de rehabilitación transmite Camiruaga. "Temos centros históricos moi interesantes e moi importantes que paga a pena recuperar, renovar e vivir deles e só falamos do feismo. Estase a traballar moito neste sentido, fixéronse dúas aulas de rehabilitación co programa PAGUS e vaise facer en breve unha terceira", completa. O florecer da rehabilitación dos cascos históricos que estamos a ver nos últimos anos semella ter azos aÃnda para un bo anaco.
Galiza no programa PAGUS.Idoia Camiruaga, que desde a Oficina de Rehabilitación do Consorcio de Santiago foi responsable en boa parte da posta en marcha deste programa, explÃcanos como se xestou a iniciativa: "O PAGUS naceu cara ao 2002 a partir de experiencias que xa existÃan. En Galicia, por exemplo, contamos con máis de trinta áreas de rehabilitación, e a intención era poñelas en contacto e contrastar a nosa experiencia coa doutras rexións europeas", explica. Deste xeito, os concellos de Allariz, Celanova, Ferrol, Mondoñedo, Lugo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela e Vigo sumáronse a esta proposta.
Recuperación internacional
O programa, de calquera xeito, non se reduce unicamente a Galicia. Localidades de Italia, Malta, Grecia, AndalucÃa e o Norte de Portugal participaron tamén na iniciativa, que se financiou mediante un programa Interreg da Unión Europea. Dentro deste panorama, o noso paÃs desempeñou un papel fundamental para que a iniciativa se puxese a andar. "Galicia foi un dos motores do programa e actuou como lÃder en moitos aspectos", explica Camiruaga. Por exemplo, o equipo galego "foi o encargado de liderar a capacitación dos axentes que interveñen na rehabilitación, desde técnicos a empresas e artesáns". É dicir, en boa medida, "Galicia estableceu os estándares de rehabilitación de todas estas cidades" a nivel europeo.
Accións concretas
Para alén das propostas que poden semellar máis teóricas, incluÃronse tamén no programa PAGUS toda unha serie de medidas prácticas que xa están a se ver. Deste xeito, as accións de accesibilidade que se desenvolveron recentemente nos cascos históricos de Pontevedra, Lugo ou Ribadavia participan desta iniciativa. En Ribadeo, e dentro das propostas de mellora da mobilidade nos cascos históricos, instalouse un ascensor para chegar á zona alta da vila desde o porto. Pola súa banda, en Allariz integrouse no PAGUS o proxecto da radio municipal e mais unha ampla sección sobre urbanismo no portal local. Canda a isto, diferentes aplicacións web centradas no debate sobre o urbanismo e a recuperación de centros históricos, iniciativas de difusión, guÃas e puntos de información foron tamén propostas que xurdiron do PAGUS.
Propostas virtuais
Posiblemente as iniciativas máis espectaculares que deu este programa foron os diferentes museos virtuais que vilas coma Celanova, Mondoñedo, Ribadeo ou Ribadavia aproveitaron. Reconstrucións dixitais das vilas en distintas épocas da antigüidade canda a fotografÃas e mostras dos seus principais elementos artÃsticos e arquitectónicos favorecen o coñecemento destes espazos. Moitos destes proxectos están xa dispoñibles na rede, e todo o material do programa está preparado para subirse axiña ao web renovacionurbana.net, que concentra ios contidos do programa.
Contactos internacionais
Como é de agardar, a dimensión europea do proxecto facilita enormemente o intercambio de coñecementos entre as localidades participantes, “Houbo experiencias destacadas con Guimarães, AndalucÃa ou Malta, onde se traballou moito sobre as fortificacións”, explica Camiruaga. Ao tempo, desde Compostela traballouse tamén no proxecto PAGUSAL, que comparte con América Latina experiencias neste campo. Na actualidade, co proxecto europeo a se pechar, está previsto que continúe a coordinación encol destes temas. “Vanse continuar as accións que xa se iniciaron”, lembra esta responsable, que indica que existe unha vontade xeral de continuar o camiño de intercambio de experiencias.
Liderado galego
Nun panorama no que a miúdo predomina a visión máis pesimista sobre a situación do noso patrimonio urbano, sorprende a imaxe de liderado que a nivel de rehabilitación transmite Camiruaga. "Temos centros históricos moi interesantes e moi importantes que paga a pena recuperar, renovar e vivir deles e só falamos do feismo. Estase a traballar moito neste sentido, fixéronse dúas aulas de rehabilitación co programa PAGUS e vaise facer en breve unha terceira", completa. O florecer da rehabilitación dos cascos históricos que estamos a ver nos últimos anos semella ter azos aÃnda para un bo anaco.
Este libro, editado pola ConsellarÃa de Vivenda e Solo, resume de xeito exhaustivo a participación e os proxectos galegos dentro do programa PAGUS.