Hai un lugar común sobre Galicia que apunta sempre cara a insuficiencia das súas comunicacións viarias. Unha exposición do Arquivo do Reino de Galicia pretende documentar como se conforma e executa esta rede de estradas e camiños que tentou rachar con séculos de incomunicación. Coñece o inicio das estradas modernas.
“A mostra non intenta ser exhaustiva do que son as estradas nin agora nin nunha época, senón dar pinceladas do que foi a evolución das nosas vías de comunicación desde o século XVIII ata a actualidade” explica Mar García Miraz, a comisaria da exposición. “A mostra, matiza Mar, comeza no momento no que o Estado se fai cargo dunha forma planificada e racionalizada da construción de estradas e chega ata os anos setenta do século XX, cando se estabiliza a realización de novos trazados”.
Un achegamento á historia vial
A comisaria da exposición explica que ten un obxectivo dobre. Dunha banda, constituír unha aproximación á historia das accións institucionais do Estado en relación coa construción dunha rede viaria en Galicia e subliñar o interese que os documentos de arquivo posúen para coñecer esa realidade. Da outra, fai fincapé no valor dos proxectos de obras, procedentes na súa maior parte do fondo da antiga Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, como fontes de coñecemento científico e técnico. De feito, Mar explica que “o que agora se pode ver é o resultado dunha transferencia de fondos da Demarcación de Estradas de Galicia ao Arquivo do Reino que comezou no ano 2004 e que, como documentos públicos, quixemos dar a coñecer”.
Para todo isto, a mostra presenta tres seccións. Unha primeira na que fai una introdución xeral ao tema dos territorios e os camiños de Galicia que dá paso á explicación das estradas e camiño desde o século XVIII. Neste segundo apartado recolle a intrahistoria das obras públicas, da súa planificación, nos aspectos institucionais e financeiros que fixeron posible en cada momento histórico a execución das obras de construción e reparación. A mostra remata nun último apartado coa explicación de tránsito por estradas e camiño que alude á creación do servizo de correos, a evolución do sistema de transporte, os relatos de viaxeiros, requisitos para a viaxe e outros aspectos menos coñecidos das comunicacións viarias dos pasados séculos.
As pezas da mostra
Ademais das pezas que maioritariamente se custodian nos arquivos, a comisaria explica que o groso da exposición pasa por “documentos textuais, material cartográfico. Canda elas, a Demarcación do Estado en Galicia acompaña catro maquetas que son representacións da construción da autoestrada e de tres pontes que son pezas moi curiosas e que á xente lle gustará ver”. O Museo de Pontevedra cedeu unha peza sobre a construción do camiño de Santiago a Pontevedra que se realizou a comezos do SXIX, mentres que o Servizo Xeográfico do Exército prestou unha reprodución do mapa feito no SXVIII da parte construída do Camiño Real que se inicia no mandato de Carlos III. Son, para a comisaria da exposición, “as pezas destacadas entre as demais, pero todos os planos dos proxectos da demarcación son moi interesantes e un plano da Real Audiencia de Galicia que aínda que é moi sinxelo, se poden ver varios camiños”.
Nos mapas que se exhiben están representados desde os camiños medievais, vías romanas e onde aparecen as vías romanas e que aínda existen a día de hoxe. Mar explica que tamén "hai mapas do século XIX que recollen, por exemplo, estradas ou camiños de carácter comarcal, provincial... penso que a mostra é moi variada e a xente poderá achegar diferentes cousas".