Os investigadores documentan a presenza humana no Paleolítico no Leste de Galicia

14000 anos atrás en Becerreá

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Só é unha punta de frecha de asta de cervo, pero amosa luz sobre a etapa máis descoñecida da nosa prehistoria, o Paleolítico. Tralo remate da campaña de excavación nas covas de Valdavara, no concello de Becerreá (Lugo), Manuel Vaquero e Susana Alonso, directores da excavación, documentaron unha intensa presenza humana na que o fragmento máis antigo é esta arma que valía para cazar e que pode ter 14.000 anos de antigüidade. Debido á configuración granítica de boa parte da orografía galega, coñecemos moi pouco sobre esa etapa da nosa historia. Becerreá e os Ancares son unha excepción, xa que abunda o material calizo, que facilita a conservación de restos orgánicos.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha cápsula do tempo

Unha cápsula do tempo

De refuxio no Paleolítico a cemiterio na Idade do Bronce, a cova de Valdavara permite percorrer a Prehistoria galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Ancares...