Unha empresa compostelá deseña un sistema para guiar e protexer aos mamíferos mariños

O frautista dos golfiños

En diferentes zonas do Levante existen numerosos ataques a piscifactorías por candorcas. No noso país, os problemas con estes mamíferos non son moi frecuentes, aínda que si o son con outros que se adentran nas reservas mariñas causando distintos tipos de estragos as poboacións que alí se cultivan. Un feito que pretende evitar unha empresa compostelá cun sistema que emprega os sons que emiten para detectar e guiar os mamíferos mariños.

Os mamíferos emiten diferentes son e que permite localizalos, identificalos e coñecelos. Aproveitando esta característica, a empresa Compostela Enxeñería e Ciencia Ambiental desenvolveu dous sistemas, un de detección e identificación que permite coñecer as diferentes poboacións mariñas, onde se sitúan e o seu desprazamento e outro para evitar que eses animais entren en espazos que os poidan prexudicar.

O sistema
Fernando Mariño, un dos membros da empresa, explica que “con este sistema pretendemos, detectalos e podemos localizalos. Sabemos así que especie é e onde está”. Pero ademais deste sistema de detección contan con outro que, segundo explica este experto, “emite un sinal para que os animais non se acheguen e que é moi empregado en instalacións de acuicultura que reciben visitas non desexadas de poboacións mariñas”. Malia que son dous equipamentos diferentes, Fernando explica que o seu desenvolvemento é paralelo porque están intimamente relacionados.

O primeiro dos sistemas que é o detección para animais mariños está a desenvolverse desde 2002 e o propio Fernando explica que dun xeito altruísta. “O equipo está a ser utilizado e desenvolvido pola Cemma (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) do que somos socios. Este primeiro sistema non ten uso comercial, desenvolvémolo para que unha vez que o teñamos ultimado poidamos doalo a universidades, Cemma ou a xente de investigación que o requira” explica. A segunda parte de desenvolvemento, que o de espantar, ten unha aplicación para empresas de acuicultura ou de empresas que realicen actividades relacionadas co mar. “En Galicia existen dez minicentrais que xa empregan este sistema, aínda que onde poden ten máis clientes pode ser tanto na zona do levante como en Italia, onde os ataques por mamíferos como a candorca ou os arroas son frecuentes” apunta Fernando.

O procedemento
Enxeñería e Ciencia Ambiental leva desde 2002 traballando neste tipo de sistemas de identificación e guiado de animais mariños pero Fernando asume que “aínda estamos nunha fase inicial porque “son sistemas que requiren bastante ensaio. Non se pode facer nun mes e o seu hándicap é o desenvolvemento en campo”. Neste momento, a empresa está na fase de campo “co equipo de detección, para axustar as frecuencias, como os dous equipos están moi relacionados, xa fixemos un primeiro mostreo en alta mar (no Banco de Galicia que é propiedade da Cemma e a confraría de celeiro) e este verán facemos mostras desde embarcacións máis pequenas”

Uns ensaios nos que esta empresa contar coa colaboración da Cemma, que naceu en 1990 para estudar, divulgar e conservar os mamíferos e tartarugas mariñas e que lle ofrece servizo tecnolóxico externos dando apio nos traballos de campo e tratamento da información.

Por outra banda, mentres se fai a mostra, lévase a cabo un Plan de Difusión e Explotación para dar a coñecer os resultados das experiencias piloto. Unhas conclusións que permitirán solicitar unha patente, ademais de definir un plan de viabilidade comercial.