A Coruña acolle esta tarde a inauguración dunha das tendas especializadas en produtos culturais e tecnoloxÃa máis coñecida a nivel internacional: a FNAC. A súa apertura abre expectativas e incertidumes sobre o tratamento que esta nova superficie comercial lle dará á nosa cultura. Aproveitamos a súa inauguración para ver cómo está representado o produto cultural galego nas principais superficies comerciais que hai no paÃs.
A cultura non é só identidade, senón tamén industria. Ou o que é o mesmo, a cultura tamén ten unha vertente de negocio que vai paralela á súa compoñente identitaria. Esa parte mercantil comparte espazo cos produtos doutras realidades culturais polo que quixemos ver que acontecÃa nos propios lugares de venda.
A selección
Cando mañá abra as súas portas a FNAC o público contará con 2.500 metros cadrados (repartidos en dúas plantas) de espazo monográfico de produto cultural e tecnolóxico. Antonio Serrano, director do centro, asegura que “o primeiro dÃa de entrada disporemos 2.000 referencias de catálogo das editorais máis importantes de Galicia como Xerais, Galaxia, Do Cumio, Kalandraka e, por suposto, cos principais autores como Manuel Rivas, Suso de Toro, Marina Mayoral ou Héctor Carré”. Unha cifra nada desdeñable que reflicte a vontade decidida deste complexo por atender á cultura galega. “O que tratamos é ter o mais importante, é certo que empezamos de fondo de catálogo pero a nosa intención é mellorar o noso surtido. Dependerá da demanda” asegura Antonio Serrano. De feito, o director considera que no seu traballo diario pretenderá estar ao nivel do que solicitan os clientes pero tratamos de darlle, referencias e claves novas das obras do paÃs “o que si podo dicir é que, comparado con outros centros culturais, como por exemplo o que hai en Bilbao, presta unha maior atención á cultura local na que se insire. Responde a un apoio para a cultura galega e a súa particularidade”.
Pola súa parte, a Casa do Libro é outra superficie comercial especializada en libros que pertence a Espasa-Calpe e ao Grupo Planeta, e que conta con sede en Vigo desde 2001. Un espazo con 1.300 metros cadrados e do que o seu director, Juan Carlos González, asegura que “ten sistemas de busca de libros moi potentes , ademais o equipo leva con nós desde a súa apertura polo que coñecen perfectamente o que se publica en Galicia”. Para o director do centro vigués a “Casa do libro” está perfectamente integrada coa cultura galega e, polo tanto, os resultados do sistema literario galego teñen o seu oco. De feito, asegura que “non existe ningún criterio excluÃnte con respecto ás diferentes empresas que traballan no sistema literario galego” e que todas as que queiran vender os seus libros neste espazo non teñen máis que solicitalo. Iso si “deberán facer parte dunha canle de distribución tradicional. Por exemplo, no caso dun autor-editor, calquera que teña un sistema de distribución tradicional só teñen que comunicalo a través do seu proveedor e se este non existe, deben dalo de alta”. Neste aspecto tamén coincide Antonio Serrano, director da FNAC, quen asegura que “para vender un artigo ten que cumprir cunha serie de requisitos a nivel formal, como ter un código de barras no produto”
José Manuel Blanco de “El Corte Inglés” asegura que non existen cotas para os produtos culturais galegos en ningún dos tres centros que esta superficie cultural ten en Galicia. “Máis que cun número, tentamos contar coas empresas galegas que teñan unha mellor oferta de producto mais a demanda do mercado. Contamos asà con empresas como Xerais, Galaxia, Biblos Clube de lectura, do Cumio, Kalandraka, Toxosoutos, Rodeira, Hércules, Rinoceronte, do Castro, Instituto de Estudios Vigueses, A Nosa Terra, Nova Galicia, Lea, Baia, Positivos, Cardeñoso, Galinova, Cambre, Sotelo Blanco, Alvarellos, Postales Fama e Obradoiro. Como discográficas: Pai Récord, Inzo e Lonxa Cultural”. Blanco matiza que se trata dun criterio non excluÃnte e que é o mercado e a demanda os que servirán para incrementar a presenza de produtos culturais galegos nos espazos de El Corte Inglés. “Para a venta é moi importante facelo a través das canles de distribución establecidas, xa que existen empresas galegas de distribución especializadas nestes sectores que coñecen as condicións de traballo con El Corte Inglés”, asegura. Uns criterios semellantes que se seguen nos centros Alcampo en Galicia. Desde o departamento de prensa desta entidade aseguran que “cada hipermercado xestiona os seus liñais dependendo das necesidades e peticións dos clientes que os visitan”.
Un lugar destacado
Unha caracterÃstica común a todos os centros comerciais consultados (FNAC, El Corte Inglés, Casa do Libro e Alcampo) é que todos eles contan con espazos separados para a cultura galega. Juan Carlos González explica que na Casa do Libro se clasifican e diferencian por materias: turismo, ciencia, medio.. pero “no caso da literatura fixemos unha distinción entre o galego e o castelán, co que temos un espazo reservado para a literatura galega, que está ao lado da literatura castelá e á que se lle aplican os mesmos criterios: recomendados, novidades, lugares destacados no propio espazo de venda...”.
José Manuel Blanco asegura que en El Corte Inglés “están separados os produtos culturais galegos dos de outras procedencias. Os sectores nos que se fai é no caso do sector discográfico e o editorial, para identificalos mellor de cara os clientes, e pola propia demanda deles”
Por último, os espazos diferenciados para os produtos culturais galegos están reservados para a literatura e música galega, mentres que a cinematografÃa etiquétase dentro da produción española.
Modelo de negocio
Malia as similitudes entre as áreas comerciais, que a oferta está directamente relacionada coa demanda, queda claro que cada empresa conta co seu propio modelo de negocio e coas súas propias particularidades. CaracterÃsticas que se traducen na relacións entre os produtos que poñen á venda e as actividades culturais que organizan os centros; entre o número de fondos que contan no catálogo e o coñecemento que os seus empregados teñen da literatura do paÃs á hora de recomendar un texto.
En todo caso, á marxe dos produtos que figuran nos espazos de venda, existe outra forma de que a cultura galega teña un oco nas superficies comercais. Son as actividades que abordaremos nunha reportaxe a vindeira semana.