“Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de FÃa Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega. O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de FÃa na roca. A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituÃndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao RodrÃguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo. O disco foi gravado en catro dÃas o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois)e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega. O grupo marcha mañá para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluÃndo tamén Galicia na xira de verán. Xosé Ramón Vázquez salientou a importancia que para a súa proxección tivo a nova axencia que os representa, Abada Xestión Cultural.
Máis información nos nosos arquivos sobre FÃa na roca