Os centros sociais de Lugo e de Compostela acollen cadansúa conferencia sobre BD

Falar sobre a banda

A Asociación Alto Minho de Lugo acolle o vindeiro sábado 2 de xuño ás oito da tarde unha conferen centrada na historia da BD no mundo e en Galicia. A palestra irá a cargo de Xico Paradelo, membro de BD Banda e antigo Frente Comixario. Pola súa banda, no Centro Social O Pichel, de Compostela desenvolverase, o vindeiro 21 de xuño ás 21:30, unha mesa redonda co título "O reintegracionismo e a banda desenhada". Esta iniciativa inclúese dentro do ciclo "Conhece o teu mundo" que organiza o Movimento Defesa da Língua.


Máis información no
web de Alto Minho e no do MDL