Galicia é un paÃs e, polo tanto, unha marca. Darnos conta desta realidade para ofrecer unha imaxe tanto para dentro como para fóra é unha cuestión da que se fala desde hoxe en Pontevedra. Será nas xornadas sobre a comunicación publicitaria entre as que se achegará a idea de crear un Banco Nacional de Capital Simbólico, unha entidade que fixe os elementos identitarios e estableza que imaxe difundimos.
Todos os creativos publicitarios coinciden en que un paÃs é unha marca. Por iso (outra cousa na que tamén coinciden) é que non se trata tanto de crear unha marca senón de rendabilizala. Miguel Conde, presidente de Bap&Conde asegura que “Galicia é unha marca moito antes de que naceramos nós, antes mesmo de que naceran os nosos antepasados por iso non hai que creala, hai que darlle forma”. Ademais, tanto Alejandro Vázquez, director xeral creativo de “La Nuestra Comunicación Publicitaria”, como Carlos Fernández Prego, de Prego&Company, consideran que “toda boa marca debe levar por detrás un contido que resulte interesante”.
¿Que é ser unha marca?
Carlos Fernández Prego considera que ser unha marca por si soa non vale, ten que ter un contido e un valor engadido do produto a vender. Nesta idea tamén afonda Miguel Conde que asegura que “o primeiro é ser, isto significa que ten que facer é formar parte do recordo e das actitudes do consumidor, porque non é unha marca senón un nome”. Ademais, unha marca ha de ter unha imaxe agradable para que nos poidamos asociar todos. “Non velo asÃ, asegura Miguel Conde, xerou unha serie de torpezas, erros e problemas que levou a tópicos como os actuais nada favorecedores para nós”.
Os primeiros pasos: un banco
“Propoñemos a creación do Banco Nacional de Capital Simbólico, é dicir, unha entidade que se encargue da xestión do capital simbólico, que é tan importante como a ordenación do territorio fÃsico” asegura Miguel Conde que ofrecerá esta tarde (20:00 horas) unha conferencia baixo o tÃtulo “Se non hai marca, non hai paÃs”. A súa idea propón a documentación e posterior fixación dun territorio intelectual, simbólico que permita perpetuar tópicos que se están a dar na realidade actual. “Ese Banco do Capital Simbólico, matiza, serÃa unha sociedade civil que se encargarÃa de xestionar todos aqueles elementos que axudan a constituÃr o que nós somos”. Entre as tarefas que terÃa este organismo, está a de recompilación de iconas a controlar. Para isto, Miguel Conde pon o exemplo da paisaxe, da xestión dos nosos elementos folclóricos canda outros elementos como dar a coñecer que contamos cun premio Nobel, con moitos profesionais de recoñecido prestixio e que aÃnda non se sabe moi ben que son galegosÂ… “Todo isto hai que xestionalo desde diferentes perspectivas e unha delas trata de analizar cales son os nosos tópicos que se difunden fóra para crear un Kit de elementos a combater”. Na súa opinión, unha vez que teñamos fixados cales son aqueles elementos da nosa realidade que poidamos dar a coñecer, canda a imaxe que desde fóra se ten de nós, poderá iniciar unha campaña de reciclaxe.
Pero Miguel Conde asegura que toda esta proposta non pode ter un único promotor. Nesta dirección tamén apunta o director de Prego&Company cando asegura que a creación dunha imaxe de marca dun paÃs aféctalle “a todo o mundo: administración, empresarios e sociedade”. Miguel Conde tensa a corda un pouco máis e asegura que “non é casual o cambio de imaxe de cidades e paÃses como Bilbao, Sydney, Reino Unido, Alemaña ou Xapón, por poñer realidades ben diferentes, por detrás contan cunha campaña moi ben estudada, planificada e executada que comeza a dar os seus froitos”. Entra agora outro factor a ter en conta: a continuidade. “O concepto de moda galega supuxo un fogonazo no seu momento, foi nai da campaña “Galicia Calidade”, pero ambos proxectos, malia ser bos, non contaron cun apoio continuado no tempo. Se non presentamos un plan o que se fará serán intentos de francotiradores que non terán ningunha continuidade”
A súa proposta non é un brinde ao sol, senón que desde o Grupo BAP Conde hai unha formula pensada para axudar a converter esta proposta en realidade: chámase COCO
A fórmula mnemotécnica
COCO é unha fórmula mnemotécnica a seguir polo grupo BAP Conde que fai referencia a concibir, construÃr, coordinar e conquistar. Isto permitirá, en palabras, de Miguel Conde, “determinar cara onde nos gustarÃa ir”.
No primeiro estadio (concibir) trátase de definir a identidade, que non se afaste do que queremos ser. Por outro lado está construÃr, establecer a arquitectura desa marca. Outro momento é a coordinación onde a súa proposta do Banco Nacional de Capital Simbólico desenvolverÃa un traballo destacado. E, por último, chega a parte da conquista “conquistar retos novos, que a xente adopte os sÃmbolos e que todos nos sintamos identificados co que se di de nós e que somos parte do medio”.
Miguel Conde ten moi claro que toda campaña publicitaria, todo proxecto e toda iniciativa responde á máxima de que “se non hai marca, non hai paÃs”.