Fanzine coruñés de sona en todo o estado publicado entre 1995 e 1998. Contou con sete números de formato variable (A5, A4) en branco e negro. Dirixido por Jano, recibiu colaboracións de autores como Bernal e Anxo Cuba xunto con persoas de fóra de Galicia como Sergio Córdoba e Andrea Parissi, entón pouco coñecidos aínda. O cuarto número desta publicación centrouse na banda deseñada de prensa.
FICHA TÉCNICA
A Coruña (Galicia), 1995
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 21 x 14.85 - 29.7 x 21 cm, páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 1.35 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: España
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas
A diferenza dos fanzines
Publicado o 25 / 1 / 2024
Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición
Deseños que nos deron forma
Publicado o 16 / 11 / 2022
A Fundación DIDAC amosa ata o 16 de decembro Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia