Varias series de BD protagonizadas polo Home Araña e publicadas nos EEUU por Marvel Comics tiveron contribucións galegas.
Amazing Spider-Man Family nº1, de 2008, levou debuxo de Álex Cal.
Web of Spider-Man, iniciada en 2009, tivo no seu sexto número, de 2010, unha historia de 8 páxinas debuxada por Xurxo Penalta que en Francia saiu como
Spider-man nº136 (Panini, 2011). Pola súa parte
The Amazing Spider-man saiu á rúa por primeira vez en 1963. En 2010 contiveron pranchas debuxadas por Emma Ríos os números 631 (8 pp), 632 (7 pp), 633 (7 pp), os tres incluídos despois no volume rústica
The Gauntlet vol.5: Lizard. O mesmo ano a autora coruñesa debuxou no número 636 (8 pp) e en 2011 participou no
número 662 (2 pp) e o
número 663 (2 pp), reimpresos no tomo cartoné
Return of Anti-Venom. Todo este material dos tres debuxantes foi publicado en castelán na colección mensual de Panini
Asombroso Spiderman. Xunto con outros debuxantes Ríos tamén participou en
The Amazing Spider-Man: Infested. Spider Island nº1 (Marvel, 2011), para o cal deseñou os capítulos terceiro e cuarto.
FICHA TÉCNICA
EEUU, 1963
Textos en inglés
Continúa a publicarse
Periodicidade mensual
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, cm, páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: mundial
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas