Compostela acolle as primeiras Nerd Nites do Estado

As sesións comprenden tres charlas divulgativas sobre diferentes temas

A Universidade de Santiago é a responsable da celebración, por vez primeira no Estado, das Nerd Nites. A iniciativa consiste en sesións de tres charlas divulgativas sobre diferentes temas de 15 minutos cada unha, sempre a cargo de recoñecidos especialistas e nun ambiente informal. O local gastronómico e cultural Kuntshalle acollerá o vindeiro 20 de setembro a primeira sesión desta iniciativa, con tres disertacións a cargo de David BArro, que falará sobre Por qué a pintura xa non é pintura?, Miguel López con Comer e gastar todo é comezar: o problema da obesidade e mais Francisco Martínez, que explicará a súa visión de Spider-man e as redes do poder. Os días 23 de Outubro celebrarase a seguinte sesión no Café Caisino e o 27 de novembro en A nave de Vidán.