Emma Ríos volta co Doctor Strange

A galega presenta un volume con Spider-Man e Daredevil para Marvel

Capa de <i>Doctor Strange. Season One</i>
Capa de Doctor Strange. Season One
Logo do éxito acadado coa miniserie que debuxou para a editora americana Marvel dedicada ao Doctor Strange, Emma Ríos retomará este personaxe en 2012. A artista galega está a traballar en Doctor Strange. Season One, un volume con guión de Greg Park no que se contan de novo os primeiros pasos deste heroe. Ríos continúa ao tempo a súa colaboración con esta editora na serie Amazing Spider-man. O volume 677 acaba de chegar ás tendas de Estados Unidos, e no mesmo a galega debuxa, con guións de Mark Waid, un equipo do arácnido con Daredevil.