» banda deseñada »  publicación
O tebeo do Salón de Cangas
2003 | Revista ou comic-book

 

Respaldado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Cangas, "O tebeo" é a edición que publica as obras premiadas no Certame de Cómic desta localidade pontevedresa. Esta publicación sempre vai asociada ao Salón do Cómic de Cangas. O inicio da publicación foi co nº1, que saiu en xullo de 2003, e o nº2, publicado en xullo de 2004. Estas dúas revistas distribuíronse co gallo das, respectivamente, 7ª e 8ª edición do Salón do Cómic de Cangas. O nº1 ten portada de Gene Ha e edita as obras premiadas no concurso do Salón, na I e II edición (1999, 2000). O segundo número ten portada de Kano e edita os premiados do III e IV concurso (2001, 2002), entre os que se contan Mª Esther Sánchez (1º premio cat.A 2001), Mª Vilar (1º premio cat.B 2001), Leticia Mª Rodríguez (1º premio cat.A 2002) e Mauro Regueira (1º premio cat.B 2002). O número 4 do Tebeo corresponde ao 10º Salón de Cómic de Cangas (07/2006) e publica, entre os vencedores de 2005 (VII concurso), a Brais Rodríguez con "Robot orgánico" (Cat.A) e Rebeca Fernández con "Inspirados" (Cat.B). Entre os gañadores de 2006 (VIII concurso) que o Tebeo nº4 edita, están de novo Brais Rodríguez con "Día de bosque" (Cat.A) e Daniel Rodríguez con "Lizard" (Cat.B).

FICHA TÉCNICA

Cangas (Pontevedra, Galicia), 2003
Textos en galego
Continúa a publicarse
Periodicidade anual
Depósito legal: carece
ISBN: carece
ISSN: carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: rústica, grampada, 29.7 x 21 cm, 72 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 500 exemplares
Distribución: Cangas (Pontevedra)
Entidade: Concello de Cangas,

autores

kikebenlloch3.jpg
Benlloch, Kike
Guionista
Debuxante


diegocampos.jpg
Campos, Diego
Debuxante
Guionista


sergiocovelo2.jpg
Covelo, Sergio
Entintador


neveira.jpg
García, Marcos
Debuxante
Guionista


gochi.jpg
Gochi
Guionista
Debuxante


ret_jano3.jpg
Jano
Debuxante
Guionista


alvarolopez2.jpg
López, Álvaro
Guionista
Debuxante


braisrodriguez.jpg
Rodríguez, Brais
Debuxante
Guionista


sendonluis2.jpg
Sendón, Luís
Entintador




  Noticias relacionadas

As primeiras BDs da Península eran galegas
Publicado o 15 / 11 / 2010
As Cantigas de Santa María supoñen un exemplo temperán de narración gráfica
Cadriños sen crise
Publicado o 10 / 8 / 2010
Viñetas desde o Atlántico mantén o seu nivel cunha maior participación do sector
Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
A mostra 10 anos de BD galega visita Bruxelas
Publicado o 28 / 9 / 2009
Poderá verse na sede do Festival de banda deseñada de Bruxelas
O XIII Salón de Cómic de Cangas celebrarase entre 20 e o 26 de xullo
Publicado o 9 / 7 / 2009
Terá como convidados a Alberto Guitián, Diego Olmos, Gabor e Montse Martín
A BD de 2008
Publicado o 26 / 2 / 2009
Presentámosche as obras galegas elixibles para o Salón del Còmic de Barcelona
Tirso Cons, Al Barrionuevo e Manel Fontdevila son os convidados do Salón de Cangas
Publicado o 13 / 6 / 2008
Autores en Cangas

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org