Revista galega de BD profesional. O
volume I, editado por Xerais, compúxose de catorce números mensuais a toda cor. A revista fechou por motivos ecónomicos en xuño de 2001, ano e medio despois de sair á rúa. Ademais de cómic, esta primeira etapa tiña en cada número unha reportaxe monográfica e seccións de correo, pasatempos, libros, videoxogos e internet. A cabeceira foi recuperada por La Voz de Galicia como suplemento semanal a partir do Día das Letras de 2002, e o volume II resultante pasou a conter só BD. Con Fausto Isorna como director artístico desde o inicio, contou nas súas páxinas con algúns dos mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia. Na súa primeira época, Golfiño contiña historias de Fausto, Pepe Carreiro, Fran Bueno, Norberto Fernández, Varela Ferreiro, Andrés Meixide e Xaquín Marín entre outros. A eles uníronse na segunda época talentos da talla de Kiko da Silva, David Rubín, Víctor Rivas, Primitivo Marcos e Miguel Porto.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2000
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade mensual, semanal
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, 29,7 x 21 cm, páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: variable euros
Tiraxe: 25.000-125.000 exemplares
Distribución: Galicia, España
Entidade:
La Voz de Galicia,
autores
Gochi
Guionista
Debuxante