Barsowia foi a revista e buque-insignia do colectivo Polaqia, publicando cómics en galego e en portugués. Incluiu obras de numerosísimos autores, a maioría deles galegos. Entre os creadores máis activos para a cabeceira contáronse Diego Blanco, David Rubín, Brais Rodríguez, Hugo Covelo, Álvaro López, Manel Cráneo e Kike Benlloch, quen ademais dirixira o proxecto desde o primeiro até o número 8. A partir de 2008 o director foi Jose Domingo e o número final, o 16 (2011) foi coordenado por Hugo Covelo. A contribución feminina veu da man de autoras como Emma Ríos, Andrea López, Ana Galvañ ou Ana Santiso. Ademais do madrileño Ken Niimura, entre o plantel de colaboradores internacionais destacan os portugueses Paulo Monteiro e Susa Monteiro, os franceses Louis Bertrand Devaud e Adrien Bouss, ademais do norteamericano Michael Bonfiglio. No Saló Internacional del Còmic de Barcelona gañou o Premio do Público ao Mellor Fanzine de España en 2005, e o Premio de Mellor Fanzine de España en 2006. En 2006 Dolmen Editorial publicou
"Barsowia en llamas", extenso recopilatorio en castelán con abondoso material inédito na altura. As datas de edición dos dezaseis números do Barsowia foron as seguintes: nº1 08/2003, nº2 02/2004, nº3 08/2004, nº4 12/2004, nº5 05/2005, nº6 08/2005, nº7 01/2006, nº8 08/2006, nº9 03/2007, nº10 08/2007, nº11 04/2008, nº12 08/2008, nº13 05/2009, nº14 08/2009, nº15 08/2010, nº16 08/2011 (500 exemplares impresos).
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2003
Textos en galego e portugués
Continúa a publicarse
Periodicidade semestral, anual
Depósito legal: C-1324/2003
ISBN: Carece
ISSN: 1887-6226
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, rústica, rústica con sobrecuberta, 24 x 17 cm, 48-170 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 2.5-8 euros
Tiraxe: 500-600 exemplares
Distribución: todo o Estado
Entidade:
Polaqia,
autores
Ángel
Guionista
Debuxante
Bernal
Guionista
Debuxante
Portadista
Deseño gráfico
Editor
Rubín, David
Guionista
Debuxante
Ilustrador
Portadista
Editor
Noticias relacionadas
A diferenza dos fanzines
Publicado o 25 / 1 / 2024
Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición
Polaqia di adeus
Publicado o 15 / 6 / 2011
O colectivo galego de autores de BD despedirase ao final deste ano
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país