Co subtítulo "Breve itinerario pola cultura galega", este álbum foi editado en 1981 polo grupo catalán Nono Art co patrocinio do Banco de Bilbao en Galicia. Nel faise un percorrido polos feitos máis relevantes da cultura galega, desde o século VIII ata 1963, ano en que se celebrou o primeiro Día das Letras. O guión correu a cargo de José Antonio Parrilla e o debuxo é de Jaime Marzal. Conta cun limiar a cargo de Domingo García-Sabell, entón presidente da Real Academia Galega.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 1981
Textos en galego, castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 84-85620-04-6
ISSN: Carece
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, cosido fío, 30 x 22 cm, 66 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 4,81 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución:
Entidade:
,
Noticias relacionadas
Obxectos para negociar co divino
Publicado o 22 / 11 / 2024
A vitalidade con que se mantén a práctica dos exvotos no noso país fan destes elementos un sinal identitario