» banda deseñada »  autores
xanlopez.jpgLópez Domínguez, Xan
Lugo  1957   
Teléfono: 639 54 50 55 /
Xan López Domínguez
Ilustrador
Un dos ilustradores galegos de literatura infantil con maior proxección internacional. Iniciou a súa carreira na BD coa súa participación no fanzine "Xofre" en 1979. Tres anos despois participa na exposición "Coordenadas" e no número especial que a revista do mesmo nome dedicou á banda deseñada e participa en "El patito feo". Colaborou con "Can sen dono", "Cine e historieta galega", "A banda do 17" e máis recentemente, "BD Banda" e "Golfiño". A súa carreira orientouse cara a ilustración para libros infantís e xuvenís, eido no que alcanzou recoñecemento internacional.

Palmarés
En 1979 gañou o segundo premio no certame de banda deseñada que organizou a asociación "O facho". Ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns: Premio Rañolas de Ilustración, Curuxa do Humor do Museo de Fene, Lista de Honra do IBBY en Berlín, Ilustrador do ano 1994 en Boloña, Placa da Bienal de Bratislava, Premio “Malba Tahon” da Federação Brasileira do Livro Infantil e Juvenil (IBBY), Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. Ademais, “Voces na Lagoa do Espantallo” foi considerado entre os cen mellores libros do século XX pola Fundación Germán Sánchez Rupérez.
publicacións
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Cine e historieta galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Can sen dono
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Xofre
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

O libro 'Poemar o mar' de Antonio García Teijeiro entre os gañadores dos premios Fundación Cuatrogatos
Publicado o 29 / 1 / 2019
Ledicia Costas e outros autores galegos están na lista internacional entre finalistas e recomendados
Corenta autores colaboran con Yolanda Castaño na primeira BD poética galega
Publicado o 18 / 10 / 2018
Xerais publica O puño e a letra que escolma 40 poemas da autora
Antonio García Teijeiro faise co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
Publicado o 3 / 10 / 2017
A súa obra Poemar o mar está publicada por Xerais
Abre na Coruña unha mostra histórica sobre a BD galega dos anos 70
Publicado o 18 / 11 / 2016
BDG70: a revolta do cómic galego pode verse na sala Normal ata o 31 de decembro
Aquela vangarda dos cadriños
Publicado o 14 / 12 / 2015
A primeira tese doutoral sobre banda deseñada galega analiza o labor dos autores dos anos 70
Galaxia presenta os primeiros contos en galego para iPad e iPhone
Publicado o 17 / 11 / 2010
Un video amosa como funcionan as adaptacións interactivas dos títulos
A historia da Banda Deseñada galega
Publicado o 19 / 4 / 2010
30 anos de intentos

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org