Poemar o mar, un libro de poemas escrito en galego acaba de lle valer ao vigués Antonio GarcÃa Teijeiro facerse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. O galardón que outorga do Ministerio de Cultura está dotado con 20.000 euros e recoñece un traballo "cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o grande protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas". A obra, que é o primeiro poemario en se facer co galardón nos últimos quince anos, está publicada por Xerais con ilustracións de Xan López DomÃnguez.
O xurado estivo presidido por Óscar Sáenz de Santa MarÃa, director xera de Industrias Culturais e do Libro e mais Javier Pascual, subdirector xeral do libro Libro. Canda a eles, fixeron parte do órgano
MarÃa Paz Battaner, Fina Casalderrey, Xabier Etxaniz, Joan Portell, Blanca Roig, Coral Cenizo, Carlos Fortea, Brigitte Leguen, Miguel Aranguren, e os autores galardonados nas dúas últimas edicións, a tamén galega Ledicia Costas e mais Alejandro Palomas.
GarcÃa Teijeiro é un veterano das letras para o público máis cativo do paÃs, con obras como En voz baixa, Os peixes de cores, Honorato, o rato namorado, Verbas de sal, Recendos de aire sonoro ou, en colaboración con Antonio Reigosa, o recente Lendo lendas, digo versos.