» banda deseñada »  autores
neveira.jpg
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1984   
David Buceta
Debuxante
Debuxante que creou o fanzine “Sinónimos de Lucro” en 2009. Leva desde 2005 traballando nas tiras cómicas mensuais de “El Ángel Golondrino” para Ondas de Arosa, da Parroquia Santa Eulalia de Arealonga. Participou en diversas mostras co colectivo Nenos Pintores de Arousa e organizou exposicións vencelladas ao seu fanzine. Debuxou guións de David Braña en Culebra Cómics nº1 (FX Gràfic 2006) e Rip Culebra nº1 (FX Gràfic 2007). Na mesma editora tamén ilustrou argumento de Fx Pérez, en Los Barrufos e fixo un cómic de dez páxinas para La Selva de Cristal. En 2008 continuou traballando para FX Gràfic, desta volta na revista erótica Femme X números 1 e 2, de novo en colaboración con Braña. Recuncou con Pérez en Wat-man: El Caballero Opaco, doutra volta publicado por FX Gràfic.

Palmarés
1º Premio Comarcal de Normalización Lingüística do Salnés nos anos 2001 e 2002.

Formación específica
Cursou bacharelato artístico no IES Miguel Ángel González (Carril), Ilustración na Escola Pablo Picasso. Formou parte dos Nenos Pintores de Arousa.
publicacións
Revista ou comic-book
El Arca de las Historietas
Debuxante,
Revista ou comic-book
Sinónimos de Lucro
Debuxante, Guionista, Editor,
Revista ou comic-book
Enormic
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Fosfatina publica La Cueva de Begoña García Alén
Publicado o 11 / 1 / 2016
David Buceta recupera o seu Capitán Pepinillo nun volume autoeditado
Novas ondas no Atlántico
Publicado o 4 / 8 / 2014
As propostas de novos creadores destacan no festival de BD da Coruña
Novas propostas de BD quentan motores para Viñetas desde o Atlántico
Publicado o 22 / 7 / 2014
Altar Mutante, A vila dos debuxantes do Norte, Low Cost ou Nacho Camacho son algunhas das novidades
Sinónimos de Lucro presenta o seu último número
Publicado o 6 / 11 / 2012
A sexta entrega do fanzine achega 266 páxinas
Autores de BDs galegos participan en publicacións estatais
Publicado o 20 / 4 / 2012
David Buceta publicará o monográfico La agente Sánchez na editora dixital TS Cómix
El Arca de las historietas e Sinónimos de Lucro lanzan novos números
Publicado o 11 / 4 / 2012
As dúas publicacións de banda deseñada verán a luz no mes de maio
Fuck Cómics prepara o seu quinto e último número
Publicado o 30 / 3 / 2012
O volume, que sae con dúas portadas diferentes, supón a disolución deste colectivo vigués

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org