El Arca de las historietas e Sinónimos de Lucro lanzan novos números

As dúas publicacións de banda deseñada verán a luz no mes de maio

Capa de <i>El Arca de las Historietas</i>
Capa de El Arca de las Historietas
Con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona (do 3 ao 6 de maio) verá a luz o número 3 de El Arca de las historietas, a revista promovida por un grupo de autores galegos. A entrega contará con cen páxinas a cor e unha nutrida nómina de colaboradores. Canda a isto, o fanzine Sinónimos de lucro chega tamén en maio ao seu número 5, cunha capa a cargo de Davida e David Buceta. Un dos implicados en ambos os proxectos, o guionista residente en Vigo David Braña, anuncia no seu blog que ten asinados con diferentes editoras seis proxectos de banda deseñada que non teñen, polo momento, datas de saída.