A se achegar as datas de celebración de Viñetas desde o Atlántico multiplícanse as propostas editoriais no campo da BD galega. Como unha das grandes novidades para este ano aparece o nacemento da revista Altar Mutante. A cabeceira, coordinada por Álvaro López e Luis Sendón recupera moitos dos nomes do colectivo Polaqia e preséntase como unha publicación de "humor putrefacto" e "ciencia ficción graxenta". Editado en castelán, o primeiro número de 54 páxinas conta con colaboracións de Kike Benlloch, Bougie, Sergio Covelo, Manel Cráneo, Álvaro López, Putrid, Don Rogelio, Roque Romero, Josep F. Rico, Luis Sendón , César Valladares e Pedro Villarejo.
En paralelo, da man de David Braña e David Buceta arrinca Low Cost, un comic zine no que diferentes personaxes viven historias coa ambientación común dunha dictadura futurista.
Desde a escola de banda deseñada O Garaxe Hermético chega tamén unha nova publicación. A vila dos debuxantes do norte é un libro no que se mesturan 26 historias diferentes, todas elas ambientadas nun lugar onde todos os habitantes traballan nalgún ámbito relacionado coa banda deseñada. En total son 64 páxinas a toda cor na que participan os alumnos da escola: Fonso Barreiro, Carlos Limeres, Inés Vázquez, Juan Carlos Pérez Reboiras, José Carlos Pérez Da Silva, Guillermo Mayo Debelius, José Malvárez Carleos, Alexandre Senade, Salvador Aneiros, Ánxel López, Zé Nuno Fraga, Nico Regueiro, Andrés Laxeira, Rubén G. Ramallo, Elisabet García Aires, Alberto Abal (AL), J. Enrique Veiga, Nuno Cunha, Alba de Alba, Sandroke, Fran Couto, Daniel Corrada, Nuria Figueiredo, Miguel Rojo, T.G. Martins e Escal.
Finalmente, da man de Demo Editorial ve a luz Nacho Camacho un volume que compila as historias guionizadas por Rodrigo Cota e con guión de Jano nas que se ridiculizan os mitos da masculinidade en 52 páxinas a cor. A editora xa anunciara tamén o vindeiro lanzamento de A causa do crime, de Tokio.

Capa de Nacho Camacho
Novidades para Viñetas desde o Atlántico 2014
Capa de Altar Mutante