O seu bautismo no mundo do cómic aconteceu nun suplemento universitario de "El Correo Gallego". Colaborou coa revista "Frente Comixario", primeiro só e despois dando forma ós guións de Carlos Portela, con quen realizaría ademais as seguintes series: "Impresiones de la isla", "Kami Seeds" (ambas para Camaleón), "O labirinto de pedra" (na revista "Compostelán") e "Gorka" (ademais con Sergi San Julián, en Planeta-DeAgostini). Tamén con Portela participou na colectánea de BD internacional "Comix2000" e colaborou en varias revistas e fanzines ("Elipse", "NSLM"). Baixo o nome artístico "Orballo" fai humor gráfico de luns a venres no Diario de Pontevedra. Nese xornal procedeu á revisitación dominical de "Impresiones de la isla", após desenvolver a serie "O cine de papel". Tamén publicou puntualmente na segunda etapa de "Golfiño" e no "Barsowia". Xunto con Portela de novo conta con serie propia na segunda etapa da revista "BD Banda", asinando como Kohell.
Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por "O voo da cometa", xunto con Carlos Portela, cunha historia baseada nun relato de Ray Bradbury. "Impresiones de la Isla" valeulle aos seus autores tres candidaturas no Salón do Cómic de Barcelona.
publicacións
Revista ou comic-book
Fiz
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Debuxante,
Portadista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Elipse
Debuxante,
Noticias relacionadas
A ollada editorial
Publicado o 30 / 4 / 2015
As editoras están a desempeñar un importante papel na descuberta de novos creadores de banda deseñada