A segunda edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético ten xa gañador. O xurado deste galardón que convocan a escola de BD homónima e Edicións Xerais seleccionou a obra Nerea. O prÃncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, como vencedora desta xeira. No fallo destácase "a atractiva proposta gráfica da obra a cabalo entre a liña clara franco belga mesturada coa estética cartoon dos actuais debuxos animados. Asà mesmo, destaca o ritmo narrativo da historia e unha composición de páxina dinámica e atractiva". O proxecto "é unha historia de aventuras con doses de humor e cunha temática moi de actualidade. Conta a historia dunha nena que cae nun charco e a partir de aà desenvolvese unha historia divertida centrada na prevención da saúde".
O xurado estivo composto por Miguel Porto, Fernando Iglesias (Kohell) e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e AnaÃr RodrÃguez e Fran Alonso, en representación de Xerais. A editora viguesa publicará a obra gañadora a vindeira primavera.