Aos poucos, a publicación de bandas deseñadas comeza a se incorporar ao panorama editorial galego. Tanto editoras xeralistas como as máis orientadas ao campo gráfico incorporan tÃtulos de novena arte aos seus catálogos, cunha aposta maioritaria pola tradución de tÃtulos foráneos. Canda a elas, propostas puntuais e especializadas permÃtenlles a novos autores do paÃs ver os seus primeiros traballos nos andeis das librarÃas.
A BD desde o xeral
Un fenómeno que semella estar a ter certo auxe nos últimos anos é a incorporación, polo momento relativamente tÃmida, de liñas dedicadas á banda deseñada en editoras galegas xeralistas. É o caso de Xerais co lanzamento en galego de Astérix e os pictos, a colección Marcopola e o Lois Pereiro. Breve encontro de Jacobo Fernández ou o seu anuncio de publicar en galego O xardÃn das pedras flotantes de Kiko da Silva. Galaxia, pola súa banda, abrÃa en 2011 con Nómades de Xosé Tomás unha serie dedicada á novena arte que careceu, polo momento, de continuidade. Do mesmo xeito Rinoceronte fixo unha aposta decidida polos cadriños e abriu unha sección de novela gráfica na que saÃron, entre 2010 e 2012 seis traducións de autores de renome internacional da man de autores como Joe Sacco, Will Eisner, Scott McCloud ou Marjante Satrapi , sen que desde aquela se soubese de máis novidades.
Editoras ilustradas
Centrada no ámbito da ilustración e a BD, é de destacar o traballo de El Patito Editorial, que no último ano publicou tÃtulos como Cidade de cristal, adaptación a cargo de Paul Karasik e David Mazzucchelli da BD da novela de Paul Auster, Vida de Madre 2: La primavera ou MarÃa e mais eu, de Miguel Gallardo, ademais de correr coa edición das obras de Miguelanxo Prado en galego e de traducir para a nosa lingua traballos como a premiada Engurras de Paco Roca ou 36-39 malos tempos de Carlos Giménez. A editora tamén recuperou un autor que levaba anos inactivo como é Ramón Marcos, que desde 2010 publicou xa catro álbums nesta firma. Do mesmo xeito, FaktorÃa K de Libros tira de maneira puntual tÃtulos de novena arte, se ben a súa produción neste ámbito diminuÃu nos últimos anos.
Outras entidades
Cómpre estar atentos tamén á actividade editorial que Kiko da Silva desenvolve tanto desde O Garaxe Hermético, onde está publicar traballos colectivos dos seus alumnos, como desde Retranca Editora. Esta firma, malia a ter paralizada a revista que lle dá nome, tirou en 2013 unha reedición do álbum Fiz, que se sumou a anteriores monográficos. Por último, novas iniciativas semellan querer sumarse ao campo da edición de cadriños. AsÃ, Estaleiro Editora publicou o pasado verán de 2014, Cómics desde Hicksville de Dylan Horrocks, mentres a librarÃa Sindicato del Cómic debutaba con Efectiviwonder Comix de Dani Xove en febreiro deste ano. AÃnda este mesmo mes de abril, a Fundación Risco, en colaboración coa Deputación de Ourense, sacaba á luz a adaptación que Fernando Iglesias fixo do relato Dédalus en Compostela de Vicente Risco. Estas propostas, de ter continuidade, poden supor novos espazos para os cadriños do paÃs.
"Fosfatina é unha editorial orientada á vertente menos comercial do mundo gráfico, pero estamos abertos a todo tipo de proxectos que nos poidan facer tilÃn"
Fosfatina
A este panorama sumáronse recentemente dúas novas propostas especializadas mais con perspectivas moi diversas. En febreiro de 2014 nacÃa desde Vigo Fosfatina, unha aposta que se deu a coñecer en outubro dese mesmo ano co lanzamento de Griza Zono de Andrés Magán. A publicación inaugural amosaba ás claras a orientación coa que xurdÃa o novo proxecto. Segundo explican o seus promotores, "Fosfatina é unha editorial orientada á vertente menos comercial do mundo gráfico, en todas as súas expresións, pero estamos abertos a todo tipo de proxectos, de calquera Ãndole, que nos poidan facer tilÃn". BDs vangardistas e underground, con tiraxes pequenas e formatos orixinais marcan a liña desta firma. O propio Magán, canda a Rubén Romero comandan o proxecto. "A idea era xerar unha plataforma que aglutinase a todos eses autores que admiramos", explica Romero. Perlas del infierno de Begoña GarcÃa-Alén ou Infraluminosa/Laminada de Andrés Magán e Berto Fojo.
Web de Fosfatina
Os pintamonas
Máis recentemente, en marzo de 2015 presentábase desde Compostela 3 pintamonas con Abastos. Este álbum colectivo, con debuxos de Pedro J. Colombo, Beatriz Iglesias, VÃctor Rivas e Sagar Fornies sobre guión de Francisco José Abelleira amosa unha historia de solidariedade, encontros e gastronomÃa ambientada en Compostela. Segundo explica Tirso Cons, un dos tres creadores da editora "pensamos que o medio ten que ser unha ferramenta para a temática social. A historia, aÃnda que localizada en Compostela, é universal, fala de cousas que acontecen en todo occidente, como é a crise, ou a gastronomÃa , que está presente en toda sociedade aÃnda que semella vivir un auxe a nivel mundial".
Web de 3 Pintamonas
"A miña xeración non tivemos alternativas en Galicia e creo que Demo está cubrindo un baleiro que era necesario encher, unha editorial pequena para un mercado comercial pequeno pero cunha grande calidade autorial"
Os autores de Demo
Para alén das novas editoras, non cabe dúbida que se nos últimos anos hai que falar de firmas que aposten por creadores galegos, é inevitable referirse a Demo Editorial. Fronte a unha aposta maioritaria polas traducións que se dá noutras editoras editoras, o proxecto de Manel Cráneo, dentro da súa modestia, está a desenvolver o labor de descubrir e recuperar novos talentos dos nosos cadriños e de os publicar ademais en galego. Segundo explica este autor e editor "É emocionante ver como medran os autores e poder participar dalgún xeito na súa promoción. A miña xeración non tivemos alternativas en Galicia e creo que Demo está cubrindo un baleiro que era necesario encher, unha editorial pequena para un mercado comercial pequeno pero cunha grande calidade autorial", sinala. "O panorama é tan rico como o é a diversidade xeracional neste momento. Non é que aparezan autores de novas xeracions senón que tamén reaparecen autores que ficaran desconectados desde os oitenta ou noventa e agora volven".
Dentro das descubertas recentes que lle debemos á editora está o dúo Iván Suárez e Inacio Vilariño, que levan xa desde 2012 catro volumes da súa serie Castelao, na que recrean cunha boa dose de creatividade a vida do mÃtico rianxeiro. Tamén destaca outro dúo, o de Manolo López Poy e Miguel Fernández, que xa tiraron á luz nesta firma as obras Mamed Casanova: O fillo da furia e Os dÃas do cometa, e coa española Diábolo A las cinco de la tarde. Canda a eles, Miguel Cuba e Tomás Guerrero son outros autores dados a coñecer desde esta firma. Dentro dos creadores que levaban un tempo inactivos, a editora recuperou a Tokio, sen publicacións desde os primeiros anos 90 con A causa do crime (2014) e Cabana de balieiros (2011) ou a Jano con Operario (2013) e Nacho Camacho (2014), sen esquecer, por suposto, o propio director da editora, Manel Cráneo, que acaba de lanzar o seu ambicioso proxecto Destino Hërgüss logo dun exitoso crowdfunding.
Malia a estas descubertas, Cráneo advirte que fican moitos proxectos na gabeta, xa que, ademais dos que non consideran axeitados para publicar, que son moitos, "entre os que valoramos positivamente, tampouco podemos editalos todos. A xente a dÃa de hoxe traballan case todos en formatos de novela gráfica, e producir un libro de 200 páxinas a cor de autores novos, por moi ben que estean algúns, non é algo que podamos asumir de momento".
Blog de Demo Editorial
"Os lectores están moi atentos ao movemento que actualmente se está a producir no panorama da banda deseñada galega. Desde fóra de Galicia vese con moi bos ollos, tanto a produción artÃstica coma a resposta do público en xeral".
A viabilidade e o mercado
Dentro do debate xeral sobre existe un público abondo para soster proxectos de BD creados no noso paÃs, desde Fosfatina téñeno claro. "Si, dende logo. E non só iso, gran cantidade dos autores que admiramos (e cos que colaboramos) son galegos, e os lectores están moi atentos ao movemento que actualmente se está a producir no panorama da banda deseñada galega. E desde fóra de Galicia vese con moi bos ollos, tanto a produción artÃstica que se xera, coma a resposta do público en xeral. Hai moito apoio e admiración" asegura Romero.
En 3 Pintamonas, pola súa banda, sinalan que "semella que nivel estatal o mercado para a BD medrou algo, pero segue a ser minoritario. Falar das súas posibilidades e aÃnda máis a edición en galego é complicado", sinala Cons. Encol do seu primeiro lanzamento asegura que "queriamos facelo en galego porque somos de aquà e pareceunos o normal, nin o pensamos. Ao mesturar gastronomÃa e BD agardamos tamén abrir un oco nun público que pode ter prexuÃzos sobre o cómic, facer ver que se pode empregar para contar calquera historia e chegar a calquera persoa". Nesa mesma liña de explorar mercados está a aposta da editora por edicións electrónicas e polas traducións das súas obras. "AÃnda que na BD o proceso é mais lento que no libro, xa hai unha porcentaxe que le en formato dixital, e sobre todo para as novas xeracións fáiselles moi natural. Entón hai que se posicionar tamén nisto. Non estamos a inventar nada, con este tipo de edición podemos diversificarnos máis, chegar a máis idiomas e ter o maior alcance posible, aÃnda que manteremos as edicións impresas", asegura.
Desde a experiencia que atesoura como editor desde 2009, Manel Cráneo sinala que "Ao meu parecer existen diversos tipos de "viabilidade". Se pensara só na económica Demo levarÃa tempo pechado. Os números son axustados mais este é un traballo de fondo e pesan de momento máis outros factores. A nivel autorial, artÃstico ou de cumprir obxectivos ideolóxicos é máis que viable, resulta moi gratificante poder empurrar autores con talento desde a nosa propia terra e na nosa lingua e supón un reto darwiniano. Non hai evolución sen loita pola supervivencia, a facer as cousas con agarimo e constancia e mirando con lupa o que editamos, realizamos unha boa selección da especie. O tempo falará por nós".
A industria da BD en Galicia é de vivir ao dia sen ningún tipo de garantÃa económica. Por iso sempre procuro alternativas e medios para manter o proxecto vivo sen depender directamente das ventas en librarÃas
A falar máis concretamente do aspecto económico "para Demo cada libro que sae é tratado coma se fose o que de peche ao noso proxecto editorial. A industria da BD en Galicia é de vivir ao dia sen ningún tipo de garantÃa económica. Esa é a realidade do mercado e con total consciencia asumÃmolo sen perder a esperanza de que podan vir tempos mais tranquilos. Por iso sempre procuro alternativas e medios para manter o proxecto vivo sen depender directamente das ventas en librarÃas e penso que iso xa é un resultado máis que digno tendo en conta que o noso selo naceu o ano que naceu a crise". O crowdfunding de "Destino Hërgüss" ou a colaboración con Kómic LibrerÃa e Limpezas Salgado na edición da última entrega da Colección Castelao "é unha mostra de que existen fórmulas de cooperación con empresas e de micromecenzado que permiten a viabilidade dalgúns proxectos", explica.
Os proxectos que virán
Como vindeiros lanzamentos, da man de Fosfatina podemos agardar a continuidade da colección Fosfatina 2000, que inauguraba o Extrasolar de Roberto Massó este mesmo mes de abril. A serie recolle historias de 16 páxinas con tiraxes ultralimitadas impresas coa técnica de RisografÃa, un tipo de impresión a medio camiño entre a fotocopia e a serigrafÃa que permite xogos con varias tintas. A vindeira entrega da colección será Matatenias de Pepa Prieto Puy, a quen seguirán, ao longo do ano, traballos de José JaJaJa, Begoña GarcÃa-Alén, Ana Galvañ e Andrés Magán, a razón dun cada dous meses. Fóra desta serie, anuncian novos traballos de Berto Fojo, Jano Viñuela e un libro a catro mans realizado por Oscar Raña e Julia Huete.
Pola banda de 3 Pintamonas, polo momento non hai anunciados novos tÃtulos. "Temos tres novos proxectos en marcha que desenvolveremos aos poucos, a idea serÃa publicar un cada trimestre, ou tres cada ano. En todo o caso queremos ver o que nos permite o público", explica Cons. Desde logo, aseguran que "queremos experimentar, non queremos publicar unicamente proxectos conservadores graficamente, pensamos que o mercado xa ten abonda oferta deste estilo. O que temos claro é que só imos publicar cousas que nos entusiasmen".
Demo, pola súa banda, adianta que "moi probablemente lanzaremos obra dalgún esquecido da vella escola e tamén de xente que sen ser un rapaces deciden afrontar o seu primiero proxecto de cómic, como será no caso de Fernando Castro, do que esperamos ver nun futuro moi próximo o seu primeiro libro editado con nós". Canda a isto, Cráneo explica que "de xeito persoal sigo os pasos das novas xeracións, algúns deles xa apuntan moi boas maneiras, como Cristian Fojón, ou os autores dos colectivos Miñoco e Sacoponcho, cos que estou en contacto. Con algún deles hai xa algún proxecto concreto en proceso de produción, deixamos a exclusiva para mais adiante".