Foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Os seus primeiros traballos apareceron en publicacións como "Totem", "Frente Comixario", "Diario16", "Elipse" ou "Conciencia Planetaria". Realizou o álbum "O máxico arrecendo" para a editorial Vía Láctea e debuxou tres bandas deseñadas para a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega, asinando as dúas primeiras coa factoría creativa na que entón traballaba (Estudio Tangaraño) en canto a última ("Parando a marea negra") a fixo el só. Estes tres cómics foron guionizados por Marilar Aleixandre, á que o une unha longa colaboración que abrangue tamén a serie "Os escachapedras", publicada nas dúas etapas da revista "Golfiño". Participou en diversas exposicións entre as que se contan "O Comic en Galicia" (1993), "Viñetas desde o Atlántico" (1999, 2001, 2002) e o Salón de BD de Cangas (2001). A súa proxección internacional chega através da revista francesa Lanfeust e da serie "Noble Causes" para o selo norteamericano Image.
Entrevista a Fran Bueno en
Entrecomics (2007)
Palmarés
Recibiu o primeiro premio no Concurso Nacional de Cómics de Getafe en 1988. Venceu no concurso para afeccionados da revista "Totem" (1989) coa historia "Guillermo y Maximino". En 1991, con "María", gañou de novo o concurso de Getafe. En 1994 recibiu mención especial no Concurso Nacional de Comics Murcia Joven por "Como en el Cine". O mesmo ano gañou o Conurso Galego de Comics Xuventude 94 coa historia "Ramón e Rosario".
Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1991.
publicacións
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante,
Portadista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas