A coincidir coa celebración do festival Viñetas desde o Atlántico na Coruña, Demo Editorial presenta as súas novidades do verán. Entre estas, destaca a posta en marcha da colección "Demo pequeno", que publicará bandas deseñadas para público de entre seis e doce anos e comeza a súa andaina co título Os escachapedras. Esta obra recupera nun volume de 55 páxinas as historias curtas publicadas na revista Golfiño con guión de Marilar Aleixandre e debuxo de Fran Bueno.
Canda a ela, ve a luz Roxín Roxal. A daga do conde, que adapta a cadriños para público xuvenil unha lenda tradicional recollida por Leandro Carré Alvarellos. A historia do heroe medieval que explica a orixe do topónimo da Ponte do Porco na zona do Eume centran esta obra con guión de Manel Cráneo e debuxo de Brais Fierro que suma 54 páxinas.
A última das novidades da editora é Arrepío, volume colectivo que supón a segunda entrega da colección BDG13. Logo da obra temática sobre o licor café, esta entrega achega unha escolma de trece autoras e autores de diferentes xeracións dos nosos cadriños. Cada historia da obra conta unha historia de medo ambientada nun lugar clásico da nosa xeografía entre finais do século XIX e comezos do XX.
Bento Carroña, Dani Xove, Inés Vázquez, Marcos Calo, Mabel Lareo, Rubén Rial, Santy Gutiérrez, Tomás Guerrero, Álvaro López, Luís Sendón, Greta Debelius, Manel Cráneo e Javi Montes participan nesta obra de 100 páxinas que conta cunha capa de Víctor Rivas.