LibrarÃas e subscriptores están a recibir a segunda entrega de A Viñeta de Schrödinger, revista de banda deseñada en galego que publica a Mesa pola Normalización LingüÃstica. Con capa de Miguel Robledo, publicación que dirixe KIko da Silva acolle historias de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Fonso Barreiro, Aldara Prado, Joan Casaramona, Miguel Porto, Victor Rivas, Antonio M Fraga, Miriam Iglesias e Fernando Ruibal, ademais dunha entrevista a Albert Monteys. A revista foi seleccionada polos lectores do web Fervenzas Literarias como o segundo mellor proxecto de banda deseñada do pasado ano.