Desde este venres 20 e ata o vindeiro 22 de de setembro, catro ilustradores e ilustradoras de Galicia e Portugal desenvolven unha residencia creativa na Illa de San Simón. A segunda fase do programa Nortear de intercambio cultural entre o noso paÃs e o Alén Miño incorpora con Nortear Ilustrado esta arte ao seu ámbito de actuación. No encontro, Eduardo Porto, Fátima Bravo, Fran Bueno e La Platanera intercambiarán experiencias, desenvolverán obradoiros e experimentarán con técnicas de serigrafÃa. O resultado destes dÃas de actividade plasmarase nunha publicación e mais nunha exposición á que se irán sumando as producións das próximas xeiras deste evento.