Entre os anos finais da dictadura e os anos da transición
foi un tempo axeitado para que o cine galego puidese
retomar a súa actividade. Non hai lugar a dúbidas
que a efervescencia política transluciuse directamente
na práctica cinematográfica. Un cine
galego que xurdiu, como ben di o historiador do cine
A. L. Hueso, a sombra do proceso de renovación
que sufriron, con anterioridade, outras cinematografías
mundiais (Brasil, Alemaña,...). Un cine novo,
alternativo que alcadaba a consideración de
ferramenta perfecta para responder afirmacións
nacionalistas. Un cine marxinal con poucos medios
e recursos que se alimentaba sobre todo da ilusión
e do altruísmo que se impuña debido
a falta de industria. Unha "consciencia da nada"
que se recoñecía nas distintas xornadas,
semanas, encontros e festivais que, proliferaron pola
xeografía galega, por aquelas datas. A escasa
producción daqueles anos estaba confinada a
curtametraxes realizados con formatos non comerciais
(Súper 8 ou 16 mm.). A xente que quería
facer cine xuntábase en grupos, os de máis
sona foron: o Grupo Lupa, o Grupo Enroba
e o Grupo Imaxe, aínda que tamén
había outros intentos individuais.
7.1 GRUPO LUPA Membros
Este grupo estaba formado por unha serie de nomes
vencellados desde tempo atrás ó teatro
galego: Euloxio R. Ruibal, Félix Casado, Ana
Antón, Roberto Bolaño, Clemente Crespo,
José Ramón Pousa Botana e Jesús
Velasco.
Filmografía
Películas rodadas en Súper 8: 4x4 (1971)
Mesturanzas (1972)
Holocausto (1972)
A rapa das bestas (1973)
O corpiño (1973)
A procesión das mortallas (1973)
Inqueda volta (1973)
Berros na cova (1973)
Peliqueiros (1974)
Fragmentos
(Contactar co CGAC ou con algún dos membros
do grupo)
Comentario de obra
Este grupo puxo en práctica, un cine afeccionado
caracterizado por facer fronte a moitísimos
problemas debido as carencias de infraestructuras,
isto notábase sobre todo na precariedade dos
formatos a utilizar e das limitacións de distribución.
Da forma máis digna posible intentaron reflectir
os principios que movían a actividade do grupo
Lupa. A principal era a de soster a valoración
do cine como forma de expresión, como medio
de comunicación entre as xentes galegas, partindo
dunha atención preferente á cultura
tradicional, as raíces. Cine usado como medio
de preservar e dar a coñecer o patrimonio cultural
galego a base dun discurso audiovisual autóctono.
As referencias plásticas deste cine procuraban
a relación con outras manifestacións
artísticas, a mixtura entre o documental antropolóxico
e a ficción e recorrían a efectos teatrais
como elementos distanciadores.
Comentarios de prensa Hace aproximadamente un año que nació
el "Equipo Lupa" (dentro de la Agrupación
Cultural "O Galo") creado por un grupo de
jóvenes compostelanos (residentes en Compostela,
dado que muchos son estudiantes) con el fin de realizar
películas sobre Galicia, no solo de temas culturales,
paisajísticos, sino también pequeños
filmes con argumento. (...) Los proyectos de "Lupa"
son muy ambiciosos. Con el fin de lograr una mayor
perfección técnica y artística
y poder hacer, al mismo tiempo, tiraje de copias,
pretenden adquirir un aparato de 16 milimetros. Pero
los jóvenes de "Lupa" no tienen mucho
dinero para llevar adelante su obra cinematográfica.
Por ello piden a todos los gallegos colaboración
económica, aunque sea pequña, para poder
seguir adelante con esta interesante tarea de un de
"un posible cine gallego", con tanta pasión
han iniciado hace ahora un año.
José Fernández Ferreiro 20-XI-72 ABC
Testemuños Na xeración moza, familiarizada coas posibilidades
do cine como vehículo expresivo da realidade
galega, xurden esperanzadoras iniciativas. Entre elas,
de modo destacado, la representada polo "grupo
lupa", con logros moi positivos, algún
xa galardoados en certamen internacional, e que é
merecente de toda crase de axudas por canto trata
de levar a cabo unha necesidade cltural de Galicia:
o noso cine.
Ramón Piñeiro 1-XI-72
O Equipo Lupa do cine amateur
ten dado probas da súa intelixente ourentacion
e debe ser alentado e axudado por todos nós
para que siga adiante sin máis servidume que
a que todos nos impone o noso patriotismo galego
Blanco Amor 28-X-72
Bibliografía
GONZÁLEZ, Manuel; Documentos para a historia
do cine 1970-1990. CGAI, A Coruña, 1992
HUESO, A. L.; "Anos de efervescencia política
(desde a posturas ideolóxicas cara ó
mundo industrial)". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia
do cine en Galicia. Vía Láctea,
Oleiros, 1996
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
7.2 GRUPO ENROBA Membros
Grupo impulsado por un home saído e formado
na canteira do cineasta afeccionado catalán
díaz Noriega, residente durante os anos 60
na Coruña, o seu nome é Enrique Rodríguez
Baixeiras (que das súas iniciais ven a denominación
do colectivo). Este grupo estaba formado por Miguel
Gato, Xavier Iglesias e Antonio Simón.
Filmografía
Rodados en Súper 8: Foi Grass (1972)
A morte do mariscal (1973)
O documento (1974)
En 16mm: A tola (1975)
Comentario de obra
Baixo a experiencia de Enrique Rodríguez Baixeiras,
este grupo fixo curtametraxes onde facían adaptacións
literarias, recreacións historicas e desenvolvían
ideas orixinais. Nesta última clasificación
pode situarse unhas das películas de culto,
e polo tanto míticas, do cine galego: A
tola. Un filme que foi secuestrado pola policía
durante as II Xornadas do cine de Ourense, debido
sobre todo, ó seu argumento cun forte contido
simbólico. Conta a historia dunha muller que
invadiden o país no que vive e fusilan a todos
os homes. A muller é maltratada, sácanlle
os ollos e métena nun manicomio. A muller ten
un fillo e os seus berros óense entre os seus
muros como un son de esperanza.
Comentarios de prensa Este grupo se creó hace unos cinco años,
no como grupo, ya que empecé sólo. Hice
dos cortos después de lo cual se formó
el grupo con cuatro componentes. Hemos hecho cuatro
películas hasta ahora, tres de las cuales son
simples intentos de hacer cine con los medios de que
podíamos disponer. (...) No contamos con ayuda
alguna; todo lo que hacemos tine que salir de nuestro
bolsillo, con muchísimos sacrificios.(...)
Cada vez hai más intentos, gracias a Dios,
pero son pequeños intentos y muy aislados e
independientes, con ideas totalmente diferentes de
grupo a grupo y que funcionan de forma totalmente
separada.
Entrevista a Enrique Rodríguez, La Voz de Galicia,
15-I-1974,
Comentario sobre un "posible"
cine galego. En Galicia puede ser rentabale hacer cine profesional,
en 35 mm ó 16 mm. Con dos copias, una en gallego
y otra en castellano, para repartir la primera por
Galicia por cine-clubs y salas comerciales y la segunda
para distribuir por el resto de España. Creo
que puede amortizarse todo el dinero y aún
ganar para hacer cosas nuevas.
Entrevista a Enrique Rodríguez, La Voz de Galicia,
15-I-1974,
Bibliografía
GONZÁLEZ, Manuel; Documentos para a historia
do cine 1970-1990. CGAI, A Coruña, 1992
HUESO, A. L.; "Anos de efervescencia política
(desde a posturas ideolóxicas cara ó
mundo industrial)". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia
do cine en Galicia. Vía Láctea,
Oleiros, 1996
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
7.3 GRUPO IMAXE Membros
Liderado por Carlos L. Piñeiro, co-fundador
con Félix Casado e Luís Gayol. O grupo,
entre eles denominado "Cooperativa de Producción,
distribución i Ensino dos Medios Audiovisuais"
que se completaba con Carme Jove, Manuel Abad, Marcial
Lens, Antonio Brandela, Xavier Iglesias, Maruchi Olmo,
Suso Vázquez, Montero, María Vilanova,
Manuel Prieto, Argimiro García, Juan Cuesta,
Xosé A. Vilanova, Carlos Amil ou Xavier Villaverde.
Filmografía
Películas feitas en Súper 8 e en 16mm. Inqueda volta (1973)
Un pequeño incidente (1973)
Serán (1974)
Arredor (1974)
A fala do muiño (1974)
Illa (1975)
Comentario de obra O grupo Imaxe era o que contaba nas súas
filas con maior número de membros das procedencias
máis diversas. Unhas actividades cinematográficas
que tiñan un grande benefactor, un persoeiro
moi importante nesta etapa do cine galego: Víctor
Ruppen. Un empresario ligado a distintas productoras
e que produciu varias curtametraxes. Como obra máis
significativa deste grupo, foi a curtametraxe A
illa. Película con temática ecolóxica
que reflectía o choque entre a tradición
e o progreso nunha illa mariñeira que vai a
ser transformada nun centro turístico.
Comentarios de prensa
Comentario sobre o grupo Imaxe El equipo se compone de gente interresada en los
aspectos de guión y dirección, de gente
preocupada por las cuestiones de fotografía
(fotografos aficionados), y de gente dedicada a la
interpretación. No es un grupo cerrado y fijo,
sino dinámico en el sentido de que en él
colaboran las personas más dispares, por lo
que hay un movimiento de incorporaciones, que le hace
ir creciendo, hasta ahora.
Entrevista a Carlos L. Piñeiro e a Luís
Gayol no El Ideal Gallego, 8-V-1974
Comentario sobre o "posible"
cine galego. Desde luego, es el mayor incoveniente con que nos
enfrentamos, tanto nosotros como los grupos gallegos,
ya sean Lupa o Enroba. Desde luego es la gran oportunidad
de crear un cine netamente gallego, tal como se dijo
en las Xornadas de cine de Ourense, a donde pensamos
enviar nuestras películas, por falta del cauce
de distribucción. (...) Lo que desde luego
resulta incuestionable es que cuando se solucione,
aunque sea de un modo medianamente satisfatorio, el
problema de la distribución, podemos dicir
que existirá un "cine galego".
Entrevista a Carlos L. Piñeiro e a Luís
Gayol no El Ideal Gallego, 8-V-1974
Bibliografía
GONZÁLEZ, Manuel; Documentos para a historia
do cine 1970-1990. CGAI, A Coruña, 1992
HUESO, A. L.; "Anos de efervescencia política
(desde a posturas ideolóxicas cara ó
mundo industrial)". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia
do cine en Galicia. Vía Láctea,
Oleiros, 1996
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
7.4. OUTROS 7.4.1 ELOY LOZANO Biografía
Eloy Lozano Coello naceu en Ourense. Estudiou Ciencias
da Información en Madrid e especializouse na
rama de imaxe. Comezou A traballar de maneira independente
en 1973. Un ano despois funda a súa propia
productora Praia Lenta Films coa que realiza
a primeira película rodada en formato profesional
do cine galego. A finais da década dos noventa
crea outra productora, a OFF Films, coa que
desenvolve o ambicioso proxecto de realizar a súa
primeira longametraxe.
Filmografía
Curtametraxes: Homúnculo (1973) Súper 8
Retorno a Tagen Ata (1974) 35mm
Longametraxe: Belas durmintes (2001)
Bibliografía
GONZÁLEZ, Manuel; Documentos para a historia
do cine 1970-1990. CGAI, A Coruña, 1992
HUESO, A. L.; "Anos de efervescencia política
(desde a posturas ideolóxicas cara ó
mundo industrial)" CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia
do cine en Galicia. Vía Láctea,
Oleiros, 1996
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
7.4.2 LLORENÇ SOLER Biografía
Entre 1976 e 1978 traballou en Galicia o valenciano
(catalán de adopción) Llorenç
Soler. Durante este abano temporal adicouse a continuar
as súas experiencias de cine alternativo
Filmografía
Curtametraxes: Gitanos sin romancero (1976) 16mm 33´
Autopista, unha navallada a nosa terra (1977) 16mm
30´
Antisalmo (1977) 16mm 15´
Condenados a beber (1978) 16mm. 30´
O monte é noso (1978) 16mm. 33´
Longametraxe: I Seminario Arquitectura en Compostela (1976) 16mm.
60´
Filmes realizados fora de Galicia: Cada tarde a las 5 (1966-1987)
El hombre de neón (1989)
Santiago, en el camino (1992)
Francesc y Lluis (1992)
Said (1998)
Testemuños As películas de Lorenzo Soler, como os grandes
documentais, beben directamente no conflicto, pero
non son panfletos de propaganda. Son traballos con
mirada propia, feitos desde o corazón a cabeza;
é un cine comprometido coas causas que aborda,
pero que respecta profundamente ós seus protagonistas.
Non están producidas dentro do sistema. Son
películas "alternativas".
Manuel González
Esta peculiar forma de sentir
e de pensar de Llorenç Soler tiña que
producir un peculiar xeito de ver o mundo, e esa ollada,
ese ollo peculiar, a través do que se ve o
seu mundo peculiar, tiña que producir, á
súa vez, un cine tamén peculiar: un
cine libre de apetencias económicas e tamén,
o que é aínda máis difícil,
libre de apetencias culturalistas, un cine sinxelo,
directo, que vai ó grao, realista onde os haxa.
César Portela
Bibliografía
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A Nosa Terra,
Vigo, 1997.
SOLER, Llorenç; Llorenç Soler. Dunha
beira a outra. CGAI, A Coruña, 1994.
7.4.3 CARLOS VARELA Biografía
Carlos Varela Veiga (Brais) naceu en Lugo. Formouse
como delineante, deseñador e debuxante, chegando
a impartir clases na Escola Universitaria de Enxeñeiros
Agrícolas de Lugo. Foi un grande namorado da
arte popular galega, esta paixón reflíctese
na súa obra escultórica, fotográficas,
cartelismo, murais e co tecido. Ideoloxicamente foi
un militante activo do nacionalismo galego. No tocante
ó cine foi un dos grandes animadores do cineclubismo
en Galicia desde a directiva do Club Cultural Valle-Inclán,
participante das Xornadas do Cine Galego de Ourense
e da tentativa de producción que significou
"Nós". Finou en 1980 nun accidente
en Malpica.
Filmografía
As Encrobas (1977) Súper 8
A loita contra a cuota agraria na Terra Chá
(1977) Súper 8
O 25 de xullo (1977) Súper 8
Comentarios de prensa Coa morte de Carlos Varela Veiga, Galicia perde
un dos seus máis serios entusiastas traballadores
da cultura dos últimos tempos.(...) Fundador
de "Nós Cinematográfica Galega",
foi un excelente realizador de reportaxes con medios
cativos. (...) O cine militante tiña nel quizais
o máis grande representante na nosa patria.
(...) Coa súa cámara deu noticia cabal
das cousas galegas, retratou as nosas xentes, fixo
Patria. (...) Coa morte de Carlos Varela, Galicia
é máis pequena.
Daniel Méndez O´Donnell, A Nosa Terra,
29-VIII-1980
Non estamos aquí a facer
historia do Cine Galego, pobre e curta historia, solo
queremos dicirvos que NACEU e quere, e debe SOBREVIVIR.
Abondan as razós.
Coidade do Cine Galego practicamente virxe, pro con
manifiesta vocación de mamar e incidir na realidade
sociopolítica do noso pobo; matinade nos condicionamentos
do fenómeno cinematográfico en Galicia,
pro tamén nas súas infindas e grandes
posibilidades...
Boletín de subscripción da productora
"NÓS"
Bibliografía
GONZÁLEZ, Manuel; Documentos para a historia
do cine 1970-1990. CGAI, A Coruña, 1992
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A
Nosa Terra, Vigo, 1997.
||| AVG ||| O soportal do Audiovisual Galego................{ culturagalega.org }