culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Consegue a demo exclusiva do Galeoke vol.1 cunha canción de The Homens
Promoción

AGASALLAMOS UNHA MOSTRA DO XOGO GALEOKE QUE SAE á VENDA ESTE NADAL!
CONCURSO FINALIZADO

Consegue a demo exclusiva do Galeoke vol.1 cunha canción de The Homens


1 / 12 / 2010
Santiago. Redacción
Ligazóns

Temos catro códigos para descargar de balde a “demo” do primeiro volume de Galeoke, o xogo de karaoke que estará nas tendas este Nadal. O software que poderás descargar grazas a este código inclúe o karaoke da canción Calamar do grupo power-pop The Homens. Para conseguir un código só tes que enviar un correo dicindo un tema musical en galego que che gustaría cantar facendo karaoke e a túa resposta entrará automaticamente no sorteo para conseguir de balde un destes códigos e conseguir antes ca ninguén experimentar con este xogo descargándoo desde o sitio web de Galeoke!

pregunta
Qué canción en galego che gustaría cantar facendo karaoke?


As respostas enviaranse ao correo mega@culturagalega.org antes das 19 horas do 9 de decembro. O correo debe levar como asunto “sorteo Galeoke” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa. Cada persoa só poderá participar unha vez. O resultado do sorteo farase público durante a mañá do día 10. Os códigos enviaranse antes das 15 horas do día 10 por correo electrónico aos gañadores tras confirmación telefónica cos mesmos.

Concurso finalizado.


Gañadores:
Roberto Roget Antelo
Ánxela Chillón Álvarez
Sandra Villar Giner
Martha Arteaga Granados

Hoxe en culturagalega.org

O plenario da entidade aprobou a incorporación do historiador, arqueólogo e museólogo
Felipe Arias ingresa na RAG como membro correspondente
A nova entrega da revista anual da Asociación de Periodistas de Galicia inclúe o informe 'O estado da innovación na comunicación en Galicia'
Quiosco: Comunica nº 10
A Xunta mantén inalterable o orzamento das dúas anteriores convocatorias
Agadic convoca as axudas ao talento audiovisual
O proxecto de Recuncho Gamer conta con 90 referencias no momento do seu lanzamento
Xogalego repasa a produción de videoxogos na nosa lingua
O CCG presenta unha ferramenta para explorar os textos galegos da primeira metade do XIX
Cando o galego era lingua de combate
O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"
A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente
O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel Domínguez coa historia de intriga 'Monstros'
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea
O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios
Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol
Xinzo reparte os seus Premios da Cultura
A obra A lingua dos ósos relata a súa experiencia en Serbia
Fran Fernández Davila gana o premio Camilo José Cela de Narrativa
Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo
A arte busca os camiños da profesionalización
Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro
Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal
A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores
A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org