Ten a súa orixe nas feiras do libro itinerantes que organizaba a Asociación Galega de Editores. Ía celebrarse o pasado mes de decembro pero tivo que adiarse pola súa complexidade e a magnitude do evento. Foi entón cando se decidiu que tería lugar en maio, para reavivar o mes das letras. Falamos do Culturgal, o salón da industria cultural que hoxe arranca en Pontevedra.
O libro e a industria cultural galega está nun gran momento asegura o sitio web do Culturgal. Por ese motivo, a Asociación Galega de Editores decidiu crear unha feira do libro e da industria cultural como un espazo de encontro no que amosar e compartir toda a oferta producida pola industria cultural do país. Unha plataforma que sirva para vender e dar a coñecer os produtos culturais: libros, discos, vídeos, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel . Toda a industria en catro días.
Unha feira
Roberto Pérez, director do Culturgal explica que a Asociación Galega de Editores levaba varios anos organizando un salón do libro itinerante que resultou ser unha experiencia non moi rendible. Entón, desde o punto de vista económico e de difusión da cultura pensouse en darlle un formato diferente. Un lugar no que convivan no mesmo espazo todos eses soportes que forman parte da industria da cultura: internet, os discos, os vídeos, o cine e mesmo os programas de ordenador. Foi así como naceu o Culturgal, unido á cidade de Pontevedra porque o concello nos facilitou un espazo como o Pazo da Cultura de xeito totalmente gratuíto, explica Roberto.
Malia ser a primeira edición, o Culturgal non ten nin referentes previos nin modelos exactos que mimetizar. Sen embargo, o seu director recoñece que se inspiraron noutras feiras que se desenvolven noutros lugares do estado. Dunha banda a Feira do libro e do disco Vasco que ten lugar en Durango que se realiza no mes de decembro, e da outra o Salón do Llivro catalá. Son dúas referencias coas que nos sentimos algo reflexados, aínda que non temos nin a súa experiencia nin o seu orzamento apunta Roberto Pérez. A xornada catalá só desenvolveu dúas edicións pero o seu orzamento superaba o millón de euros, mentres que a cita galega só conta con 200.000 euros de orzamento. Polo demais, a cita vasca suma xa corenta edicións na súa traxectoria.
Nun primeiro momento o Culturgal ía ter lugar na semana da ponte de decembro, pero a feira foi cobrando tal magnitude que foi imposible asumir a súa organización nos prazos previstos. Foi entón cando decidiron pospoñelo para máis adiante. Decidimos que fose en maio, asegura Roberto, porque é un mes que ten un simbolismo especial que podía ser para reavivar o lume das letras galegas.
Os diferentes sectores
O Culturgal nace como unha feira multisectorial para achegar os diferentes sectores da industria cultural. Sen embargo, como é a primeira edición e a Asociación de Editores lidera a iniciativa, non é raro ver como o campo editorial ten unha presenza maioritaria. Roberto Pérez asume ese peso preponderante e asegura que tamén hai empresas de distribución de discos de música, do sector audiovisual e unha participación modesta das novas tecnoloxías. Sen embargo, Roberto confía en que a experiencia sexa positiva e na vindeira edición haxa unha maior participación por parte doutros sectores.
Polo demais, como feira que é o Culturgal amalgama dúas liñas diferente. Dunha banda a presenza institucional que deberá evidenciar as liñas de traballo e o apoio que brinda á industria cultural e, pola outra, espazos informativos e de venda por parte das empresas que darán a coñecer os seus produtos. Isto tradúcese nun Pazo da Cultura reconvertido en zona expositiva con casetas de empresas e institucións, ademais dunha ludoteca, un café literario, un foro infantil e obradoiros para coñecer a industria tecnolóxica. Uns espazos que servirán de acubillo para un gran número de actividades paralelas
E ademais...
O público infantil contará con actividades específicas que van desde a obradoiros de maxia, de picadiscos, de xogos cooperativos, de libros e de cadernos ata a oportunidade de poder ver curtametraxes infantís e xuvenís. Para os maiores tamén están programadas proxeccións de traballos audiovisuais, así como xornadas técnicas sobre as relacións da cultura coa rede (I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega na internet), ou as diferentes posibilidades para a internacionalización da cultura. Ademais, para darlle un carácter de espectáculo haberá demostracións en directo de como se anima unha persoanxe de animación a través de movimento real, accións grafiteiras a cargo de Sekone (muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew) ou o concerto de Marful (cun prezo de 5 euros pola entrada é unha das poucas actividades de pagamento que hai no culturgal).
O director do Culturgal afirma con franqueza que como é a primeira edición non sabemos que resultados vai ofrecer a nivel de negocio, pero algunhas das cifras que nos gustaría acadar é que cando remate a feira o domingo se acheguen ata o Pazo unhas 20.000 persoas