A Fundación Torrente contará na súa biblioteca cos fondos que el catalogou

A saga/fuga do legado

Foi o propio Torrente Ballester (Serrantes, Ferrol, 1910- Salamanca, 1999) o que decidíu poñer en marcha unha Fundación que levase o seu nome para gardar e difundir o seu patrimonio literario. E foi el mesmo o que fixo o catalogación dos algo máis de 11.000 títulos e uns 12.000 volumes entre libros e revistas. A mesa cantidade de obras que viaxaron desde Salamanca, onde residía o escritor ferrolán ata a súa sé que estará na rúa do Vilar e que aínda non ten data de apertura. O traslado das obras levouno a cabo a Universidade de Santiago, coa supervisión da directora do Arquivo Histórico.

Legado


O arquivo e o legado de Gonzalo Torrente Ballester goza de dous tipo de fondos. Por unha parte, inclúese todo o que conforma súa aportación bibliográfica que foron catalogados en 1997 polo propio escritor. Trátase dun conxunto de 11.000 títulos e que, segundo o fillo do escritor, foi visado por un técnico da Biblioteca Nacional e que remitíu impreso á Xunta de Galicia. E por outra parte está o arquivo persoal que, estivo sen catalogar ata finais do ano pasado. En total son 11.000 títulos e 12.000 volumes entre libros e revistas que acaban de deixar Salamanca para pasar a formar parte dos fondos da biblioteca da Fundación que leva o seu nome. Máis de cen caixas conformaron o paquete que a Universidade de Santiago trasladou desde Salamanca ata Compostela.












Fundación


A decisión de acoller o legado persoal de Gonzalo Torrente Ballester nunha fundación adicada á súa memoria e que se crearía en Compostela, contou co apoio do propio escritor. De feito, o escritor soñaba coa posibilidade de poder verla constituida e en funcionamento, pero non puido ser posible porque o escritor finou na súa casa de Salamanca en xaneiro de 1999. A día de hoxe, dous anos despois de que tivese lugar o seu pasamento, a Fundación non está inaugurada, nin tan sequera constituída, aínda que está no bo camiño. Agora mesmo están a rematarse as obras de remodelacion e acondicionamento do edificio número 7 da rúa de Vilar. Unhas obras que promoveu a Consellería de Cultura á falta da existencia dun padroado de cultura. E non só iso para que a Fundación Torrente abra as súas portas só falta que a doten de persoal, que se concrete o seu organigrama de funcionamento e que se nomee un equipo directivo. Unhas cuestións que se concretarán nunha xuntanza que está prevista para o vindeiro mes de maio, onde se debaterán os orzamentos determinantes para que se poida poñer en marcha.




Polémica

Pero a constitución da biblioteca da Fundación Torrente Ballester tivo tamén os seus atrancos. Entre outras cousas porque o pasamento do escritor deixou aberta unha pugna entre os seus herdeiros. O seu legado enfrontou ós fillos do seu primeiro e do seu segundo matrimonio, pola suposta desaparición de 6.000 volumes da biblioteca do seu pai. De feito, tralo seu pasamento falabase de que os fondos do autor de "La saga/fuga de J.B" ascendían a 17.000 títulos.