Os escolares son os principais destinatarios das actividades de animación á lectura que se están a desenvolver estes días por todo o país. Narón, Pontevedra e Compostela son algúns dos lugares onde, con distintos programas, téntase aproximar o mundo da literatura ós máis novos. Doutra banda, as nosas letras avanzan no mercado internacional co anuncio da traducción de dúa novelas de Xosé Carlos Caneiro ó alemán.
Mil escolares lectores en Narón
Mil estudiantes de Educación Infantil e primeiro ciclo e Primaria de Narón son os destinatarios do programa "Técnicas de Lectura Activa" que se está a desenvolver na campaña "Recursos de apoio á escola" que está a desenvolver o Concello.
A campaña pretende estimular a capacidade dos máis pequenos para a lectura mediante a realización de circuítos lúdicos. Así, en cada un dos colexios do concello elaborarase un mural con imaxes para iniciar ós rapaces na lectura de signos. A segunda fase do programa contempla facer un circuíto de interpretación de pictogramas que os rapaces verán coma un xogo de pistas que deben ir descifrando para construir unha mensaxe que os leve á "cova do druída". Esta cova é na realidade un lugar no centro de ensino no que os encargados da actividade dramatizan un conto no que os nenos deben aportar a información que foron recollendo nas fases anteriores.
Aínda hai unha terceira fase que consiste nun labirinto de lóxica no que os rapaces deben ir descifrando diferentes símbolos.
As actividades realizaranse no horario lectivo e adaptando a dificultade dos xogos ó nivel educativo de cada grupo de participantes. Nos vindeiros días os responsables iniciarán o contacto con cada un dos oito colexios participantes para diseñar o cronograma das actividades e inicialas este mesmo mes.
Pontevedra e Compostela
Dúas iniciativas viaxeiras son as que se están a desenvolver en Pontevedra para favorecer o hábito da lectura. Dunha banda, a Delegación da Consellería de Cultura nesta provincia vén de anunciar a renovación do servicio "Maletas Viaxeiras". Este programa pretende achegar unha selección de obras literarias e de material audiovisual ás zonas do rural que carecen de bibliotecas propias. Así, lotes de entre vinte e corenta libros e videos son cedidos en préstamo a calquera entidade que o solicite para que as poña a disposición dos seus asociados ou dos veciños da zona.
A outra iniciativa viaxeira é a do "Conto viaxeiro" que iniciou onte o escritor Manuel Lourenzo dentro das actividades do Abril dos Libros que desenvolve o concello. Este escritor pasará por dez centros escolares onde, con rapaces de entre cinco e oito anos tentará desenvolver colectivamente unha historia que despois volcará á escrita.
Desde Compostela, por outra banda, chega o programa "Libros para soñar" desenvolvido polo Concello, a editorial Kalandraka e a Fundación Granell. Este programa, que se realizará todos os luns no Pazo de Bendaña, vai dirixidos a rapaces desde educación primaria a adolescentes, e integra actividades tan variadas coma contacontos, obradoiros de ilustración, sesións de animación, exposicións e mesmo charlas para pais. A campaña comezará o vindeiro luns e desenvolverase ata o día vintesete deste mes.
Caneiro en alemán
A editorial alemanda DTV, que publica autores tan destacados coma Umberto Eco ou Virginia Woolf, editará a comezos do vindeiro ano as novelas "Ébora" e "Un xogo de apócrifos" do escritor ourensán Xosé Carlos Caneiro.
Ademais da traducción para o alemán, "Ébora" será editada tamén en castelán da man de Espasa e tamén a comezos do vindeiro ano está prevista a súa edición portuguesa, e para máis tarde, en catalán da man do selo Columna.
Caneiro tamén está de actualidade no noso país xa que para finais deste ano publicará un novo título, "As flores de Irlanda" na editorial Galaxia.