Manuel Rivas e Manuel Vilanova fanse cos Premios da Crítica

Criticar ten premio

“Os libros arden mal” de Manuel Rivas e “A esmeralda branca” de Manuel Vilanova convertéronse nos últimos gañadores dos Premios Nacionais da Crítica no apartado para obras en lingua galega (narrativa e poesía, respectivamente). No apartado en español, os premios foron para dous escritores vencellados a Galicia. Dunha banda a poeta afincada en Ferrol, Julia Uceda, fíxose co premio polo poemario “Zona descoñecida”, mentres que o escritor de orixe galega, Eduardo Lago, foino pola novela “Chámame Brooklyn”.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e no Faro de Vigo