O DÃa Internacional do Libro Infantil e Xuvenil deixou resaca. Onte coñecemos os gañadores do XIV Premio de Narracións XuvenÃs Rúa Nova, Raquel Campos e Juan Gómez. Ademais, coñecemos datos e reflexións sobre os Ãndices de lectura entre os máis novos. Por outra banda, desde a Universidade de Vigo chega un traballo sobre a evolución deste tipo de literatura nos tempos do audiovisual.
Rúa Nova
A compostelana Raquel Campos Pico, de dezasete anos, e o Santanderino Juan Gómez Barcena, da mesma idade, fixéronse cos premios Rúa Nova de narración xuvenil na súa XIV edición. Raquel Campos acadou o primeiro premio na categorÃa de narracións en galego polo seu relato "Otma Nicolaienva. As catro grandes descoñecidas", no que retrata o destino da familia de Nicolás II, o último zar de Rusia. Pola súa banda, Juan Gómez presentou "El héroe de Duranza", unha novela ambientada na posguerra española na que reflexiona sobre o papel do heroe e a memoria. Recibiron tamén mencións os traballos "Cando chÃan as gaivotas" de Alba DÃaz, "Entre dos luces", de Carmen Vera, e "Trinta de novembro" de Fátima Peón.
Os gañadores recibirán 15.02 euros e as súas obras publicaranse na colección "Nova 33" da editorial Ir Indo. A organización do certame recibiu este ano cincuenta e unha obras en castelán e corenta e dúas en galego, chegadas de nove comunidades autónomas. A idade dos participantes oscilou entre os doce e os dezasete anos, sendo nas súas dúas terceiras partes de sexo feminino.
Datos e estudios
A pesar de que o libro infantil é o que conta con maiores tiraxes e Ãndice de vendas, a lectura deste tipo de obras diminuÃu desde os anos oitenta, segundo referenciou onte Xosé Henrique Rivadulla citando un estudio de Xulio Valcárcel. Rivadulla ofreceu onte unha conferencia no Corte Inglés da Coruña. Segundo el, a importancia deste sector editorial débese ás polÃticas de fomento da lectura en galego desenvolvidas nos centros de ensino. O escritor reclamou "un esforzo de autores, editores e libreiros, ademais das institucións, para voltar a literatura á situación de hai vinte anos".
Coincidindo cos datos que aporta hoxe "O Correo Galego" os libros deste tipo máis vendidos actualmente no paÃs son as versións galegas de Harry Potter e "O señor dos aneis". Os libreiros composteláns consultados por este xornal recoñecen un descenso nas vendas das obras infantÃs no noso idioma.
A lectura e o audiovisual
Veljka Ruzicka, Lourder Lorenzo e Celia Vázquez son tres investigadoras do departamento de FiloloxÃa Inglesa, Francesa e Alemana da Universidade de Vigo que están a estudiar os cambios que se están a producir na literatura infantil e xuvenil polo seu contacto co sector audiovisual.
O seu proxecto, que leva o tÃtulo "Transformación funcional da literatura infantil e xuvenil na sociedade multimedia. Adaptacións audiovisuais, modelo teórico de crÃtica audiovisual", céntrase en analizar como se dá a adaptación do inglés e do alemán ós medios audiovisuais e a creación dos libros infantÃs a partir de productos audiovisuais. Nas súas indagacións, as tres investigadoras detectaron unha fonda mudanza na literatura infantil e xuvenil, relacionadas coa capacidade de influencia no mercado sobre este sector.
dáse asà unha maior relación entre literatura e audiovisual, xa que é frecuente que productos audiovisuais de éxito teñan a súa versión en libro, o que ratifica a importancia do libro na xente máis nova, aÃnda que relacionado con outros medios.
AAs tres investigadoras fundaron en 1999 a Asociación Nacional de Investigación da Literatura Xuvenil (ANILIJ) que reúne a investigadores de todo o estado sobre esta cuestión.