Logo dos méritos e das disticións ofrecidas onte, hoxe temos novos premios e novos candidatos. Cada quen nas súas categorías e en convocatorias diferentes. E empezamos polos candidatos. Son nove os finalistas dos premios que anualmente conceden O Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Un premio que ten a súa principal peculiaridade en que son os alumnos os que conforman o xurado. E onte foi día de entrega. E os que se entregaron son os premios de opinión "Blanco Torres" que concede o concello de Caldas e que este ano recaeu en Raimundo García Domínguez. E por outra banda, o concello de Ponteareas tamén entregou onte o premio Fermín Bouza Brey, que foi para "Gonzalo Pagán Vázquez". Premios e premios.
San Clemente
Os estudiantes premian en San Clemente. E así o levan facendo desde hai oito anos, cando se crearon os premios literarios "Arcebispo San Clemente". Un galardón que está dotado con 3.000 euros en cada categoría (libros galegos, casteláns e estranxeiros). Pero a principal peculiaridade deste premio está no feito de que os propios galardoados veñen a recoller os seus premios (aínda que teñan que esperar un ano e medio como aconteceu co filósofo checo Milan Kundera). E os nominados este anos son:
- en lingua galega: Teoría do Caos, de Marilar Aleixandre (Xerais); Como levar un morto, de Xesús Rábade Paredes (Sotelo Blanco) e Azul Cobalto (Edhasa), de Alfredo Conde.
- en lingua española: Soldados de Salamina, de Javier Cercas (Tusquets); El Cielo Raso, de Álvaro Pombo (Anagrama), e Leopardo al Sol, de Laura Restrepo (Anagrama).
- en lingua estranxeira: Metafísica de los tubos de Amélie Nothomb (Anagrama); El amante de mi madre de Urs Widmer (Siruela) e El procedimiento de Harry Mulish (Tusquets
Fermín Bouza Brey
O Concello de Ponteareas seguíu fiel á súa cita coa investigación. E fixoo, como vén sendo habitual coa entrega dos premios "Fermín Bouza Brey". Un galardón que este ano recaeu en Gonzalo Pagán Vázquez, que se presentou co seudónimo "Marcos Ferreiroa" e cun traballo titulado "Muíños do Xabriga". Unha ora que segundo o xurado destacou pola súa contextualización xeográfica así como polo histórico social do fenómeno molinolóxico.
O xurado deste certame estivo composto por membros do goberno municipal de Ponteareas e personalidades do mundo da cultura de toda Galicia (entre os que destacaban Eduardo Pardo de Guevara e Valdés en representación do Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento".
Blanco Torres
E onte tamén se entregou o Premio de Xornalismo de Opinión "Blanco Torres". O galardón, que entregaron Darío Villanueva, rector compostelano, Eduardo Rey, alcalde de Cuntis e o escritor Victor Freixanes, foi para Raimundo García Domínguez "Borobó" pola súa novela "Teoría do anaco".
O galardón, tal e como declarou Víctor Freixanes "naceu para manter viva a memoria de Blanco Torres e o espírito do xornalismo de opinión, que discute as ideas nunha sociedade libre e democrática".