Desde 1978 só habitan nela un pazo, unha capela, un faro, un peirao e a estatua dunha serea, pero Sálvora reaparece, desde esta fin de semana, como unha illa nova. A súa venda non é mais que o punto de inicio do Fondo Natural da Obra Social de Caixa Galicia. Un proxecto para a intervención e a preservación medioambiental que promove esta entidade financeira e no que investirá 40 millóns de euros. Un modelo de xestión e conservación ambiental que se estenderá a outros espazos naturais.
Por un importe de 8.5 millóns de euros, o arquipélago de Sálvora (conformado por esta illa mais Sagres, Vionta, Ervosa e Noro) acaba de cambiar de propietarios. Francisco de Borja Otero Zuleta de Reales, Marqués de Revilla, asinou un contrato de venta con Xosé LuÃs Fernández Méndez, director xeral de Caixa Galicia, o novo propietario que, xunto coa compra, presenta un novo uso para este arquipélago que fai parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O Fondo
Na rolda de prensa posterior á sinatura do documento de compra-venta, Xosé LuÃs Méndez avanzou o futuro para este encrave natural: a illa inaugurará o Fondo Natural que manterá e desenvolverá a entidade financeira. Unha figura que pretende elaborar e por en marcha plans de conservación para a flora e a fauna do arquipélago asà como promover un modelo de xestión dos recursos mariños da zona. Un modelo que, segundo Xosé Luis Méndez, se situara “á vangarda en España no uso das áreas mariñas protexidas”. Hai que ter en conta que o primeiro espazo deste fondo fai parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un feito que ten dúas consecuencias: dunha banda que implicará un uso compatible co que establece a Lei nesta materia. En segundo lugar, e derivado do anterior, implicará unha colaboración coas autoridades públicas nas actividades neste espazo. Neste sentido, o director xeral xa avanzou que a entidade financeira fará parte do padroado deste Parque e “colaboraremos estreitamente coas institucións na conservación desta paraxe única”.
Pero Sálvora é só o primeiro elo da cadea. Detrás da Obra Social de Caixa Galicia existe unha intención de crear un Fondo Natural que suporá a adquisición de máis territorios espallados por toda Galicia. A nota de prensa da entidade asegura que ese Fondo consiste nunha “especie de rede de espazos con valor ecolóxico e paisaxÃstico que acolla a representatividade e a diversidade de ecosistemas de Galicia”. Ademais, ese mesmo documento explica que “as experiencias de acción social que acollan serán as bases dunha nova relación co noso contorno”.
Ademais da compra dos espazos, Caixa Galicia ten a intención de desenvolver unha polÃtica de investigación sobre os mesmos. Para iso, deseñará plans de actuación que permitan aos seus visitantes “poidan gozar deste entorno de forma ordenada e garantindo o aproveitamento sostible do espazo natural”.
O pasado da illa
Sálvora estivo habitada desde a metade do século XIX ata finais de 1970, cando a electrificación das instalacións do faro fixo que os torreiros do faro se convertesen nos últimos habitantes da illa. Desde entón a illa só está habitada polos membros da familia Goyanes que anunciaron a súa intención de vender a illa hai un lustro. Por detrás queda unha historia chea anécdotas e feitos que escribiron a historia do Barbanza e, en parte a de Galicia. Na súa “Descripción do Reino de Galicia” feita polo Licenciado Molina concédelle unha orixe mÃtica “Os Mariño queren algúns dicir, que veñen dunha muller criada nas augas do mar, de fermoso rostro (unha serea) e dun Fidalgo deste reino, que a posuÃu e tivo dela xeración…”. Os musulmáns refuxiáronse nela na espera de reforzos que nunca chegaron e, pouco despois, os señorÃos dos terreos colindantes ocuparon a illa.
En 1770 Jerónimo de Hijosa instalou alà a primeira fábrica de salazón de Galicia e pouco despois comezaron os primeiros preitos pola propiedade da illa que se sucederÃan ata 1958 cando a familia Otero-Goyanes recuperou a titularidade despois de que o Estado a expropiara en 1904 para a defensa militar.
O futuro da illa
Ademais de ser Parque Nacional, o conxunto está declarado zona de Especial Protección de Valores Naturais, Lugar de Importancia Comunitaria e está incluÃda no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española. Mencións que destacan a súa importancia e a súa singularidade deste enclave para o que os seus novos propietarios teñen deseñado un programa que se centra na investigación, formación e divulgación co que aspira a converterse no referente na conservación e uso público.
O director xeral de Caixa Galicia, Xosé Luis Méndez, explicou que esta entidade finaceira traballou para combinar a conservación e uso sostible con fins sociais de Sálvora. Canda el, desenvolverá iniciativas especÃficas de conservación para a fauna e flora da zona, asà como un plan de vixilancia, control e información do arquipélago, Asimesmo, a entidade fomentará a investigación cun Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do arquipélago e os seus fondos, inventariando exhaustivamente a súa flora e fauna.
Outras iniciativas da entidade financeira para Sálvora son a elaboración dun “Plan de Uso Público e Educación” propio, destinado para os visitantes da zona, asà como un programa de educación ambiental dirixido a escolares e un de visitas organizadas. Este proxecto inclúe ademais programas de sinalización e seguridade, de voluntariado cientÃfico, asà como a rehabilitación das casas existentes que permitirán desenvolver traballos de investigación para investigadores ou cientÃficos. Uns lugares nos que mesmo os artistas poderán ter o sitio co que Caixa Galicia poderá encontrar a súa obra artÃstica e o seu fondo natural.