Quen se achegue estes dÃas polo Parlamento poderá ver a súa zona verde está en obras. Pero non para poñer un xardÃn tÃpico ao que estamos afeitos, senón para preparar un que contará con especies da Ribeira Sacra, da Serra do Candán, das Illas Malveira e mesmo terá unha mámoa. Fai parte dunha iniciativa pioneira que pretende divulgar a importancia da conservación da nosa biodiversidade. Chámase “O XardÃn Autóctono”.
A agricultura e a silvicultura que causan cambios do terreo, os efectos de actividades comerciais e económicas, a introdución de especies vexetais exóticas, a destrución de hábitats ou mesmo o cambio climático son algúns dos múltiples factores que amezan a diversidade vexetal. De feito, hai estudos cientÃficos que apuntan que Galicia entre o 15% e o 37% das especies de flora e fauna corren o perigo de desaparecer. Dentro deste contexto, o Parlamento de Galicia puxo en marcha unha serie de proxectos encamiñados á concienciación cidadá na importancia de preservar o medio. Entre eles, destaca “O XardÃn Autóctono: o valor da biodiversidade”, un proxecto para reproducir no espazo verde do que goza o Parlamento catorce paisaxes tÃpicas de Galicia.
O proxecto
Dolores Villarino, presidenta do Parlamento de Galicia, explica que “é unha iniciativa feita desde e para o Parlamento de Galicia como sÃmbolo do compromiso da Cámara autonómica co Medio”. Pero matiza que, por riba da reprodución exacta de varias paisaxes “foi concibida para divulgar a importancia da conservación da biodiversidade a través da selección de varias especies representativas do conxunto da flora, fauna e os ecosistemas que conforman a paisaxe de Galicia”.
Unha iniciativa que converte o Parlamento nunha cámara pioneira en desenvolver unha acción simbólica de carácter permanente destas caracterÃsticas a prol da importancia da divulgación e da sensibilización para a conservación da biodiversidade. E cun custe mÃnimo. A elaboración do Parlamento vai ser desenvolvida polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, conforme ao convenio de colaboración que Dolores Villarino asinou o pasado 9 de marzo co conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. O seu mantemento anual correrá a cargo do persoal de xardinerÃa que existe no Parlamento de Galicia. A presidenta da Cámara recoñece que é “un xesto simbólico”, un espazo-homenaxe ao patrimonio natural galego e a necesidade da súa conservación.
Galicia en 14 mostras
Pero ¿como se concreta o proxecto? Dolores Villarino é clara: “consiste na plantación dunha serie de especies representativas de 14 espazos naturais galegos, ademais dun refuxio para anfibios e caixas niño para aves e morcegos”, explica a Presidenta. A Ribeira Sacra estará representada a través dunha abeleira, o Mosteiro de Acibeiro e a Serra do Candán cun acivro, a Serra dos Ancares cun capudre (tamén chamado cancereixo e escornabois), o Mosteiro de Carboeiro cun cerquiño e asà ata catorce paisaxes que recollen a biodiversidade autóctona. Xunto coas plantacións desta especies haberá unha mámoa en homenaxe a todo o patrimonio arqueolóxico galego.
Ademais, esta actuación sobre os xardÃns da Cámara non se queda no meramente expositivo, senón que Dolores Villarino explica que “será incluÃda nas visitas guiadas que organizamos no Parlamento de Galicia para todo aquel que queira achegarse á Cámara, que é a casa de todos os galegos”. Estará aberto ao público todo o dÃa e contará con placas informativas coas particularidades de cada espazo representado. Ademais, tendo en conta que está no exterior do Parlamento, poderase observar desde o exterior, cubrindo asà a súa faceta divulgativa.
Tendo en conta que o xardÃn fai parte dun programa de educación ambiental que ten como finalidade concienciar da necesidade de conservar a diversidade biolóxica e a paisaxe, haberá actividades paralelas a esta actuación. “Obradoiros de formación ou un ciclo de conferencias para os colexios que nos visitan” son en palabras da presidenta da Cámara algunha das actividades previstas.
Unha acción moito máis ampla
Dolores Villarino explica que o “XardÃn autóctono” non é unha iniciativa puntual, senón que fai parte dun ambicioso Plan de Optimización Enerxética. Un proxecto “que supón a aplicación de 50 accións para implantar enerxÃas renovables e reducir as emisións contaminantes que inciden sobre o cambio climático para que a institución acade o máximo nivel de aforro enerxético”.
Dentro deste programa, a presidenta explica que o Parlamento de Galicia substituirá os mecanismos de maior consumo de enerxÃa e auga por outros máis eficientes, con medidas como a instalación de compoñentes de iluminación eléctrica de baixo consumo, a diminución do consumo de auga mediante billas temporizadoras, illantes para evitar a perda de calor nos sistemas de calefacción, a mellora da ventilación e o aproveitamento do calor e gases residuais. Unha actuación que permitirá reducir o consumo de auga ata un 30%.
Pero non se quedará aà “senón que aplicará un programa de introdución das enerxÃas renovables, como é o caso do uso de enerxÃa solar térmica para quecemento de auga sanitaria e axuda á calefacción, ou a aplicación de enerxÃa solar fotovoltaica mediante a instalación de placas solares para a iluminación dos exteriores do edificio”, explica Dolores Villarino.
O Parlamento convértese asà nun exemplo de optimización enerxética e un modelo a seguir en canto á concienciación da necesidade de preservar o noso medio. Un compromiso de futuro pola conservación do patrimonio natural e paisaxÃstico.
Espazos naturais galegos representados.A agricultura e a silvicultura que causan cambios do terreo, os efectos de actividades comerciais e económicas, a introdución de especies vexetais exóticas, a destrución de hábitats ou mesmo o cambio climático son algúns dos múltiples factores que amezan a diversidade vexetal. De feito, hai estudos cientÃficos que apuntan que Galicia entre o 15% e o 37% das especies de flora e fauna corren o perigo de desaparecer. Dentro deste contexto, o Parlamento de Galicia puxo en marcha unha serie de proxectos encamiñados á concienciación cidadá na importancia de preservar o medio. Entre eles, destaca “O XardÃn Autóctono: o valor da biodiversidade”, un proxecto para reproducir no espazo verde do que goza o Parlamento catorce paisaxes tÃpicas de Galicia.
O proxecto
Dolores Villarino, presidenta do Parlamento de Galicia, explica que “é unha iniciativa feita desde e para o Parlamento de Galicia como sÃmbolo do compromiso da Cámara autonómica co Medio”. Pero matiza que, por riba da reprodución exacta de varias paisaxes “foi concibida para divulgar a importancia da conservación da biodiversidade a través da selección de varias especies representativas do conxunto da flora, fauna e os ecosistemas que conforman a paisaxe de Galicia”.
Unha iniciativa que converte o Parlamento nunha cámara pioneira en desenvolver unha acción simbólica de carácter permanente destas caracterÃsticas a prol da importancia da divulgación e da sensibilización para a conservación da biodiversidade. E cun custe mÃnimo. A elaboración do Parlamento vai ser desenvolvida polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, conforme ao convenio de colaboración que Dolores Villarino asinou o pasado 9 de marzo co conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. O seu mantemento anual correrá a cargo do persoal de xardinerÃa que existe no Parlamento de Galicia. A presidenta da Cámara recoñece que é “un xesto simbólico”, un espazo-homenaxe ao patrimonio natural galego e a necesidade da súa conservación.
Galicia en 14 mostras
Pero ¿como se concreta o proxecto? Dolores Villarino é clara: “consiste na plantación dunha serie de especies representativas de 14 espazos naturais galegos, ademais dun refuxio para anfibios e caixas niño para aves e morcegos”, explica a Presidenta. A Ribeira Sacra estará representada a través dunha abeleira, o Mosteiro de Acibeiro e a Serra do Candán cun acivro, a Serra dos Ancares cun capudre (tamén chamado cancereixo e escornabois), o Mosteiro de Carboeiro cun cerquiño e asà ata catorce paisaxes que recollen a biodiversidade autóctona. Xunto coas plantacións desta especies haberá unha mámoa en homenaxe a todo o patrimonio arqueolóxico galego.
Ademais, esta actuación sobre os xardÃns da Cámara non se queda no meramente expositivo, senón que Dolores Villarino explica que “será incluÃda nas visitas guiadas que organizamos no Parlamento de Galicia para todo aquel que queira achegarse á Cámara, que é a casa de todos os galegos”. Estará aberto ao público todo o dÃa e contará con placas informativas coas particularidades de cada espazo representado. Ademais, tendo en conta que está no exterior do Parlamento, poderase observar desde o exterior, cubrindo asà a súa faceta divulgativa.
Tendo en conta que o xardÃn fai parte dun programa de educación ambiental que ten como finalidade concienciar da necesidade de conservar a diversidade biolóxica e a paisaxe, haberá actividades paralelas a esta actuación. “Obradoiros de formación ou un ciclo de conferencias para os colexios que nos visitan” son en palabras da presidenta da Cámara algunha das actividades previstas.
Unha acción moito máis ampla
Dolores Villarino explica que o “XardÃn autóctono” non é unha iniciativa puntual, senón que fai parte dun ambicioso Plan de Optimización Enerxética. Un proxecto “que supón a aplicación de 50 accións para implantar enerxÃas renovables e reducir as emisións contaminantes que inciden sobre o cambio climático para que a institución acade o máximo nivel de aforro enerxético”.
Dentro deste programa, a presidenta explica que o Parlamento de Galicia substituirá os mecanismos de maior consumo de enerxÃa e auga por outros máis eficientes, con medidas como a instalación de compoñentes de iluminación eléctrica de baixo consumo, a diminución do consumo de auga mediante billas temporizadoras, illantes para evitar a perda de calor nos sistemas de calefacción, a mellora da ventilación e o aproveitamento do calor e gases residuais. Unha actuación que permitirá reducir o consumo de auga ata un 30%.
Pero non se quedará aà “senón que aplicará un programa de introdución das enerxÃas renovables, como é o caso do uso de enerxÃa solar térmica para quecemento de auga sanitaria e axuda á calefacción, ou a aplicación de enerxÃa solar fotovoltaica mediante a instalación de placas solares para a iluminación dos exteriores do edificio”, explica Dolores Villarino.
O Parlamento convértese asà nun exemplo de optimización enerxética e un modelo a seguir en canto á concienciación da necesidade de preservar o noso medio. Un compromiso de futuro pola conservación do patrimonio natural e paisaxÃstico.
Gráfico do XardÃn Autóctono
Cadro resume coas diferentes accións propostas para o “XardÃn Autóctono: O valor da biodiversidade” e a súa disposición dentro da zona verde do Parlamento.
Fonte: Parlamento de Galicia
Relación das principais áreas do territorio galego que se representan no proxecto “O XardÃn Autóctono: o valor da Biodiversidade”