Sen dúbida as posibilidades que teñen os estranxeiros para estudar unha lingua constitúen unha das medidas mais claras do seu grado de normalización. Nese sentido, o galego amosou ao longo da súa historia unha escasa capacidade para achegarlles formación específica ás persoas foráneas interesadas en aprendelo. Nos últimos tempos, iniciativas coma a constitución dos niveis oficiais de competencia para a nosa lingua e mais os voluntariados lingüísticos están a dar un novo pulo á internacionalización do idioma.
Un dos piares da formación de xentes foráneas en lingua galega son os cursos que organiza anualmente a Universidade de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais coa Real Academia. Estes eventos reúnen cada verán, desde hai vinte anos, un bo feixe de persoas que teñen interese en coñecer a nosa lingua. Segundo explica Manolo González, coordinador destes encontros, "nos últimos anos estamos a roldar os 140 alumnos, todos de ámbito universitario". Alén dese punto común, a variedade das procedencias é inmensa: Brasil, Estados Unidos, India, Canadá, Polonia, Rusia, Romanía, Alemaña, Franza, Xapón, Arxentina ou Gabón son só algunhas das nacionalidades que teñen estado representadas neste evento. Do mesmo xeito, os intereses pola nosa lingua son tamén variados. Os casos, coma os estudantes de África ou de Asia, que nos poden parecer máis orixinais, "case sempre son persoas que entraron en contacto co idioma nalgún país europeo, a través dos centros de estudos galegos", explica González. Nese sentido, asegura que a importancia destes ciclos de formación é superior para a nosa lingua ao que podería semellar: "Teñen un efecto multiplicador. Grazas á xente que se achega a estes cursos púidose implantar o galego en moitas universidades do mundo. Son a ponte para o coñecemento do galego entre moita xente que non sabe nin que existimos e en moitos casos fanse entusiastas e mandan á súa vez outras persoas. E nós temos que crear unha rede o máis mesta e o máis ampla posible de persoas que se preocupen pola nosa cultura", conclúe.
Quén estuda galego
En canto a intereses, González admite que "o perfil é moi variado. Hai un sector que se achega ao galego desde o ámbito da sociolingüística. Ao ser o galego unha lingua en proceso de normalización, interésalles estudar o caso e queren coñecer máis de preto a realidade", sinala. Por outra banda, "hai outro sector de romanistas que se interesan por todas as linguas romances, e interésalles o galego como unha máis. Logo, nos últimos anos hai un sector bastante importante de profesionais da tradución, que é algo moi importante para nós". Deste xeito, segundo explica González, os cursos de verán están a permitir espallar a nosa literatura, ao dar pé á realización de diferentes versións. "De alumnos destes cursos saíu un número altísimo de traducións, non só ás grandes linguas senón tamén ás minoritarias, que non serían posibles sen esas persoas que chegan a sentir cariño polo galego". Historiadores, antropólogos e musicólogos son algúns outros sectores que se ven representados nestes cursos estivais.
Outros cursos
Canda a estes, na actualidade existen cursos oficiais que permiten para obter os títulos de Iniciación e Perfeccionamento organizados por Política Lingüística, ben por si mesma ou ben mediante asociacións ou outras entidades. "Estes cursos teñen unha convocatoria oficial e o profesor selecciónase a partir dunhas listas para garantir que ten os requisitos necesarios", explícanos desde esta Secretaría Xeral Antonio Torres. Tamén as universidades desenvolven os seus propios cursos destinados a estudantes Erasmus con interese pola nosa lingua. "Na de Santiago hai tres niveis, e este curso comezan en Vigo e mais na Coruña cursos para estranxeiros no nivel elemental", explica Manolo González.
A aprendizaxe que vén
A revolución no ensino de galego para estranxeiros, e que tamén afectará en boa medida ao da casa, está a ser a creación dos niveis oficiais de competencia. Estes baremos, segundo explica Antonio Torres, "van substituír os títulos de iniciación e perfeccionamento por cinco niveis para cada un dos cales haberá que demostrar unha destreza no coñecemento da lingua". Neste sentido, a grande variación será que "non cumprirá asistir a unha actividade formativa para conseguir o título, será a proba a que determine esa capacidade". Deste xeito remata, por exemplo, a garantía que ata o de agora supuña cursar o Ensino Secundario para obter un título oficial. Esta variación abre a porta a que academias privadas acheguen formación específica de cara a preparar estas probas, ao xeito do que xa acontece con idiomas coma o inglés ou o francés. "Como non se esixe unha fase presencial en actividades formativas, podería ser que algún destes centros de ensino non regrado preparen este tipo de actividades", recoñece. Para o vindeiro curso agárdase que estea na rúa o material que permita desenvolver os estudos para tirar estes títulos. É de prever que esta reestruturación modifique os cursos que se imparten ata o de agora. "Tentaremos adaptar o nivel iniciación ao novo nivel dous" explica González sobre os cursos da Universidade de Santiago, "está aínda sen decidir, pero penso que hai que incorporar estes estándares de xeito inmediato".
Sen saír do país
Ademais das propostas que se dirixen aos estudantes que nos visitan, existen iniciativas que achegan a aprendizaxe do galego aos propios países de orixe dos interesados. Segundo explica desde a Secretaría Xeral Antonio Torres, "No ensino superior a oferta céntrase nos lectorados e nos Centros de Estudos Galegos", explica. En total 43 universidades de lugares tan variados coma Sidney, Berlín ou Oxford contan con esta oferta nos seus plans, en total o número de lectorados chega a 31. Ademais, a Universidade de Barcelona conta coa titulación de Filoloxía Galega e Portuguesa, o que permite unha formación do máis completo. A isto pódense sumar as catro cátedras de galego que se reparten entre Nova York, A Habana, Bos Aires e a universidade Deusto en Navarra. Para alén das propostas universitarias, tamén existen propostas de aprendizaxe de galego no exterior a nivel de ensino secundario. "En Cataluña hai sete institutos da área de Barcelona que achegan lingua galega nos seus programas", e no Bierzo tres centros de ensino secundario ademais da Escola de Idiomas e de tres colexios de primaria permiten aprendela.
Desde a diáspora
Canda a estas iniciativas, existe todo un lote de cursos que por todo o mundo organizan as variadas colectividades da nosa diáspora. A apoiar este tipo de actividades desde Política Lingüística convocaron recentemente "dúas convocatorias para iniciación e perfeccionamento en lingua galega e mais extensión cultural dirixidas a galegos no exterior e persoas interesadas". Destas "unhas van dirixidas a entidades que teñen recoñecida a condición de galeguidade, e fanse de xeito conxunto con Emigración, que cobre os desprazamentos dos profesores. Nas outras corre todo por conta de Política Lingüística". En total desta volta ofértanse axudas para 200 cursos, dos que vinte desenvolveranse de xeito específico no estranxeiro. Canda a todos estes, e desde o último curso, os centros do Instituto Cervantes tamén achegan a posibilidade de coñecer a nosa lingua alí onde haxa demanda.
Voluntarios
De volta en Galicia, as máis recentes e innovadoras iniciativas para dar a coñecer a nosa lingua a xente foránea está o Voluntariado Lingüístico. Por unha banda, o pasado mes de novembro vía a luz, de man da Mesa pola Normalización e mais da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, o Voluntariado de Activación Lingüística. A iniciativa baséase en organizar parellas nas que un dos membros é coñecedor da lingua galega e o outro alguén interesado en aprender o idioma. "Polo momento temos oitenta e catro voluntarios, que son as persoas que saben falar galego, e sesenta e dous activos que queren aprender", explica Zeltia Caínzos desde a Mesa pola Normalización. "A grande maioría das persoas interesadas en aprender son xente de fóra que veu aquí, e logo hai algunhas persoas do país que teñen problemas para expresarse en galego", completa. A partir da formación da parella, existe unha ampla flexibilidade sobre temas e tempos dedicados ao desenvolvemento do idioma. "poden ir tomar café, visitar museos ou o que queiran", lembran desde A Mesa. A proposta, que se está a desenvolver na área de Compostela ata o vindeiro verán terá continuidade o vindeiro curso.
Máis voluntarios
De xeito case simultáneo dábase a coñecer, tamén en Compostela, outra iniciativa de voluntariado lingüístico. A Asociación Cultural a Gentalha do Pichel e mais a Associaçom Galega da Língua botaron a andar o seu propio corpo de voluntarios. "A idea xa a coñecíamos doutros lugares de Europa con problemas lingüísticos", explícanos Beatriz Bieites, coordinadora do proxecto, "sobre todo a experiencia catalá. Alí levan xa catro anos e máis de oitenta mil participantes. Cando se presentou o da Xunta xa tiñamos deseñada a campaña, e pareceunos que lle daba unha cor política que rachaba a idea do voluntariado. Entón optamos por seguir adiante coa nosa proposta". Hai un mes, cando comezaron os encontros desta iniciativa, "había por volta de corenta pares feitos, pero desde aquela seguiu apuntándose xente a un ritmo de cinco ou dez persoas por semana". Do mesmo xeito que na proposta da Mesa, na actualidade teñen máis voluntarios do que xente interesada en aprender, e entre estes de novo son minoría os galegos. Bieites sinala que a óptica reintegracionista non inflúe no desenvolvemento da iniciativa. "Ao falar dun xeito coloquial non se trata moito o tema. Como curiosidade temos apuntados varios brasileiros que falan con xente de aquí e exercen case de voluntarios e de aprendentes ao tempo". Desde a Gentalha teñen moi clara a vertente social deste proxecto. "Ademais de aprendizaxe, está a servir para que persoas que veñen de fóra encontren un ámbito de relacionamento e un espazo social non só para falar galego".
A todas estas propostas pódense sumar aínda escolas oficiais de idiomas, cursos non-oficiais, academias que achegan formación en galego, clases particulares na casa ou intercambios de conversa con galegofalantes organizados de xeito informal. Unha das últimas iniciativas que nos chegan mediante a rede é un curioso blog no que un xaponés de visita no país inclúe pequenas nocións da nosa lingua para interesados. Tamén está en liña o web Loia do Consello da Cultura, onde se inclúen recursos básicos sobre o noso idioma para persoas que non o coñecen. As posibilidades nunca se esgotan...