Galicia está a cola nos índices estatais de lectura, que tenden a diminuir

Cuestión de hábito

Os datos que revela "Estudio sobre hábitos de lectura e compra de libros" dado a coñecer polo Ministerio de Cultura son pouco halagüeños. Pero non só para Galicia, que ofrece índices moi baixos en canto a lectura, senón para o resto do Estado Español. Sobre todo porque un 46% dos españoles non le nunca ou case nunca libros. E iso non é un fenómeno puntual, senón que vén a confirmar unha tendencia que xa se apuntara nos informes dos anos anteriores. A lectura vai a menos.

Os datos para Galicia


O informe que presentou o secretario de Estado de Cultura e de Deporte, Luis Alberto de Cuenca e o presidente da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) sitúa a Galicia á cola de todo Estado Español no que atende ós indices de lectura. E iso significa que aquí lemos pouco. E se partimos desa premisa resulta aínda máis esclarecedor saber que desa porcentaxe de "lectores" só un 20% escolle as súas lecturas en Galego. Se comparamos esta porcentaxe con outras comunidades autónomas nas que se da a existencia de dúas linguas oficiais Galicia estaría tamén á cola. A que goza dunha porcentaxe máis alta é a poboación catalana, onde un 48% le libros en catalán; séguea de preto as Illas Baleares cun 35%, e logo Valencia cun 25%. Soamente o País Vasco está por debaixo de Galicia, onde só un 20% (da porcentaxe lectora, que está, por outra banda, á cabeza dos índices de todo o Estado Español) le en euskera.











Hábitos e idades


Segundo se desprende deste estudio unha porcentaxe moi elevada, un 46% afirma non ler nunca ou case nunca. Os motivos, segundo declaran, porque non lles gusta (un 27,6%) ou porque o traballo non lles deixa tempo (35%). E o 54% restante que si declara ler, leron o seu último libro por entretenemento (85%) e a mellora do seu nivel cultural.
Se analizamos os datos por idades, temos que os que máis len son os que teñen idades comprendidas entre os 14 e os 24 anos (cun 73%), seguido de lonxe polos maiores de 55 anos (cun 38´1%).





A mostra

O estudio foi elaborado polo Ministerio de Educación e Cultura e a Federación do Gremio de Editores son os promotores deste estudio. realizado mediante 16.000 enquisas entre maiores de 14 anos. Delas, 4.000 sib de tipo aleatorio, cunha marxe de erro do 1,6% mentras que 12.000 ían adicadas a lectores cunha frecuencia menos mensual, e a súa marxe de erro é do 0,9%. A principal novidade da metodoloxía aplicada na enquisa deste ano está na incorporación de novos conceptos ou a ampliación do tamaño da mostra.