Aínda que xa leva un mes arrasando en vendas no Alén Miño, foi onte cando se presentou en Compostela "José Ángel Valente. Poemas", a primeira edición bilingüe en español e portugués deste autor. A editora Espiral Maior foi a responsable desta obra, que xurdiu do Seminario Internacional de Traducción de Rianxo de 1999. Outro lanzamento que coñecemos hoxe é o da nova colección de Baía dedicada a grandes autores da historia do pensamento. E, por se fose pouco, Ir Indo vén de sacar unha edición facsímil da revista "Fomento de la instrucción gallega" editada orixinalmente a comezos do século XX.
Valente
Cento trinta poemas seleccionados persoalmente por José Ángel Valente pouco antes da súa morte é o que ofrece "José Ángel Valente. Poemas". Os textos recollidos van desde obras do seu primeiro libro "A modo de esperanza" de 1954 a "Fragmentos de un libro futuro" do 2000. Esta obra, editada pola editorial Espiral Maior, presentouse hai xa un mes en Lisboa, mantendo desde entón un destacado nivel de vendas no país veciño. A traducción correu a cargo do portugués José Bento e xurdiu a partir do Seminario Internacional de Traducción que organizou a Asociaicón Internacional de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia (AULIGA), en 1999. Esta é a primeira edición que xorde do Seminario, estando previstas en breve a edición en portugués da obra de Fernán Vello e de Ánxeles Penas e a traducción de Manuel María ó romanés.
Pensamento e facsímil
Baía edicións presentou onte en Compostela o catro primeiros tomos da súa nova colección dedicada ós principais pensadores da historia. A colección ábrese co volume que Xosé Luís Barreiro dedica a Sarmiento, e inclúe o libro de Rivas García sobre Ortega y Gassete, a reflexión de López Vázquez sobre Eloy Luis André ou a de Domínguez Prieto sobre Enmanuel Mounier. Está prevista a futura aparición de volumes sobre Otero Pedrayo, o padre Feijóo, Castelao, Ricardo Mella, Ramón Piñeiro e Concepción Arenal.
E desde Ir Indo chéganos a edición en facsímil da revista "Fomento de la Ilustración Gallega". Esta publicación editouse a comezos do século XX en Silleda por iniciativa dun grupo de oriundos deste lugar emigrados en Buenos Aires. A revista tratabatemas educativos, sociais e políticos da revista da época, e formaba parte dun proxecto dos emigrantes para crear unha sociedade de instrucción e para construir un centro educativo na zona.