A nova edición do premio Arcebispo Juan de San Clemente conta con autores coma Diego Ameixeiras, Eduardo Mendoza ou Haruki Murakami

San Clemente XIII

O premio Arcebispo Juan de San Clemente, un dos máis coñecidos do noso país, chega á súa XIII Edición. A organización presentaba onte as obras entre as que os estudantes galegos de Bacharelato escollerán os gañadores. Os autores seleccionados son Diego Ameixeiras, María Reimóndez e Francisco Castro en galego; Eduardo Mendoza, Molina Fox e Santiago Roncagliolo en castelán e John Banville, Cees Nooteboom e Haruki Murakami no apartado internacional.

Máis información en El Correo Gallego; e nos nosos arquivos