As 8.00 horas desta mañá facíase pública a noticia de que o autor de "La Colmena" e de "La familia de Pascual Duarte" finaba. O parte médico falicitado aclaraba que o pasamento se debía a unha insuficiencia cardíaca, consecuencia dunha pneumonía que o mantiña ingresado desde o martes pasado nunha coñecida clínica madrileña. O mesmo lugar no que se instalará a capela ardente ata que mañá se trasladen a Iria Flavia os seus restos mortais. Camilo José Cela será enterrado na súa localidade natal, onde puxo en funcionamento unha Fundación, en 1991, para "devolverlle a Galicia o que non teño, senón prestado" segundo declarou nas súas memorias.
Os últimos momentos e as primeiras reaccións
Os problemas respiratorios de Cela foron frecuentes ó longo da súa vida e, sobre todo, acentuáronse nestes últimos meses. Non puido estar o pasado 14 de novembro na homenaxe que se lle rendeu na Biblioteca Nacional de Madrid con motivo do cincuenta aniversario de La Colmena, nin tampouco puido asistir o 13 de xaneiro ó xantar que o director da Real Academia da Lingua, Víctor García de La Concha, lles ofrece ós académicos todos os principios de ano. Cela estaba mal, os seus pulmóns xa non andaban ben e este martes, nunhas probas debido á gripe que padecía últimamente, os especialistas e o equipo médico que o atendía decidíu internalo. Dixo a que desde 1991 foi a súa segunda muller, Marina Castaño, que a afección que padecía o seu marido "non parecía importante", pero que "lle afectara bastante ás vías respiratorias". E aínda non vintecatro horas despois, segundo declararon á Cadena Ser, os especialistas que o atenderon, unha insuficiencia cardíaca debida á afección crónica cardiorrespiratoria que padecía acabou coa súa vida.
A capela ardente, segundo expreso desexo da familia, instalouse na propia clínica onde finou. Os seus restos mortais trasladaranse a Iria Flavia (localidade do municipio de Padrón) onde será enterrado mañá.
Desde que se soubo a noticia do falecemento de Camilo José Cela sucedéronse as declaracións de escritores e personalidades do mundo da cultura. A noticia pillou desprevenido a moitas personalidades e desde o propio concello de Padrón, convou de urxencia un pleno extraordinario polo pasamento do escritor, co obxecto de acordar os actos de homenaxe que realizará a localidade natal.
Un dos primeiros en sumarse ó carro das declaracións foi Jesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, que declarou que non só Galicia perde unha "figura singular, senón tamén España e Europa". Pola súa banda, Manuel Fraga, presidente da Xunta, lamentou "profundamente o falecemento deste gran home de letras e profundo amigo".
Pola súa banda, O Catedrático de literatura e deputado do BNG, Francisco Rodríguez, tamén quixo facer declaración. Lamenta a súa morte, pero engadiu que sempre foi moi ´mercantilizado´ e moi ´connivente do poder político´.
Ademais ex-presidente da Real Academia Galega Francisco Fernández del Riego tamén quixo amosar o magoa do falecemento de Cela, con que mantiña unha vella amizade, e asegurou que a súa morte representa ´unha gran perda para as letras españolas, e para as universais´.
Biografía
A súa traxectoria vital sempre estivo rodeada de polémicas, tanto literarias coma persoais que foron salpicando o seu percorrido de episodios públicos nos que as críticas e as loubanzas alternábanse sen pausa. Os feitos falan sen deixar sitio a dúbidas: Camilo José Cela naceu en Iria Flavia (Padrón, A Coruña), foi escritor de éxito e transcendencia e recibiu por esta actividade numerosos galardóns e recoñecementos nacionais e internacionais, a Fundación Cela, creada por el en 1991 para "devolver a Galicia o que non teño senón en préstamo", xestiona o seu legado desde a súa localidade natal, neste mesmo sitio onde transcorreron os primeiros anos da súa vida é onde el quixo que repousaran os seus restos mortais.
En 1943, e tras o éxito do libro "La familia de Pascual Duarte" publicado o ano anterior, Cela decidiu deixar todas as súas actividades e dedicarse plenamente á literatura. Outras dúas obras nos seguintes anos, "Viaje a la Alcarria", en 1948, e "La Colmena" en 1951, o afianzarán na súa traxectoria, non sen problemas, xa que esta última obra tivo que ser publicada en Bos Aires e foi prohibida en España. Máis de medio século despois da súa publicación, "La Colmena" está considerada como unha das máis grandes novelas da literatura española e leva xa 160 edicións ademais de traducirse a a moitos idiomas, como "la familia de Pascual Duarte" que ostenta o título de libro máis traducido do español despois do Quijote.
Nos seguintes anos anos Cela coñeceu a numerosas persoas como Hemingway, Picasso, Camus, Neruda, entre outros, mentres que seguiu a escribir e publicar a súa obra, obtendo numerosos recoñecementos e unha destacada presencia na vida cultural e pública de España, situación que tería o seu punto cúlmen en 1957 coa entrada na Real Academia Española o 21 de febreiro de 1957, onde ocupará o sillón coa letra Q. Pese a estes recoñecementos Cela segue nese momento con 41 anos, a estar considerado como el "enfant terrible" da literatura española polo seu carácter forte a a súa actitude que en numerosas ocasións sería calificada de desafiante co establecido .
En 1980 a Universidade de Santiago recoñeceu os méritos de Cela investíndoo doutor honoris causa. Dous anos despois a vila de Padrón, concello ó que pertence a súa localidade natal, dálle o título de Fillo Predilecto, nese mesmo ano estrease a versión cinematográfica de "la Colmena", o escritor aparece nela dando vida a unha das personaxes. Nos seguintes anos, cunha prolífica producción literaria, Camilo José cela obtén numerosos galardóns como o Premio Nacional de Literatura e o Premio Príncipe de Asturias. Esta traxectoria serviu como paseo de honra para un acontecemento que se converteu no eixo de toda a súa vida cara ó público: O premio Nobel de literatura, que lle foi outorgado en 1989 polo conxunto da súa obra. Este feito colocouno na punta de lanza de toda a literatura que se estaba a facer e que se tivera feito nas derradeiras décadas en España. A partir dese momento Cela convértese nun dos centros de atención da actualidade española, sometido a unha constante observación dos medios de comunicación en todo o que fai, mesmo a nivel persoal cunha presión que, por momentos, o convertía en punto de mira de tódalas críticas e comentarios, e da que en moitas ocasións o escritor queixábase.
Na década final do século vinte, o escritor mantívose moi activo comezando en 1991 coa creación e posta en marcha da fundación que leva o seu nome en Iria Flavia e que ven desenvolvendo desde entón unha constante actividade cultural. No mes de decembro de 1995 gañou o premio Cervantes, o máximo galardón a un escritor en lingua castelá. Coincidindo co seu oitenta aniversario S.M. o Rei Don Juan Carlos concedeulle o título de Marques de Iria Flavia. O 7 de novembro de 2000 inauguraou a Universidad Camilo José Cela, en Villafranca del Castillo (Madrid). Nos derradeiros anos da súa vida Cela non puido escapar á polémica e experimentou todo tipo de críticas e acusacións, mesmo preitos legais, que el aguantaba cunha combativa resignación, facendo bo o lema do seu marquesado: "El que resiste, gana"
Bibliografía de Cela
Autor dunha cumprida obra literaria, colaborador habitual de distintos medios de comunicación desde o comezo da súa actividade creativa, facemos de seguido unha relación de títulos e datas da primeira edición, agrupados baixo os distintos xéneros literarios que cultivou:
Novela
La familia de Pascual Duarte. 1942
Pabellón de reposo. 1943
Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes. 1944
La colmena. 1951
Mrs. Caldwell habla con su hijo. 1953
La catira. 1955
Tobogán de hambrientos. 1962.
Vísperas, festividad y octava de San Camilo del año 1936 en Madrid. 1969
Oficio de tinieblas. 1973
Mazurca para dos muertos. 1983
Cristo versus Arizona. 1988
El asesinato del perdedor. 1994
La Cruz de San Andrés. 1994
Madera de boj. 1999
Novela curta, contos, etc.
Esas nubes que pasan. 1945
El bonito crimen del carabinero. 1947
El gallego y su cuadrilla. 1949
Timoteo el incomprendido. 1952
Santa Balbina 37, gas en cada piso. 1952
Cafés de artistas. 1953
El molino del viento. 1956
Nuevo retablo de don Cristobita. 1957
Los viejos amigos. 1960
Gavilla de fábulas sin amor. 1962
El solitario y los sueños de Quesada. 1963
Toreo de salón. 1963
Once cuentos de fútbol. 1963
Izas, rabizas y colipoterras. 1964
La familia del héroe. 1965
El ciudadano Iscariote Reclús. 1965
Nuevas escenas matritenses. 1965-1966
Rol de cornudos. 1976
Las orejas del niño Raúl. 1985
Vocación de repartidor. 1985
La bandada de palomas. 1987
Los caprichos de Francisco de Goya y Lucientes. 1989
El hombre y el mar. 1990
Cachondeos, escarceos y otros meneos. 1991
La sima de las penúltimas inocencias. 1993
La dama pájara. 1994
Historias familiares. 1999
Poesía
Pisando la dudosa luz del día : Poemas de una adolescencia cruel. 1945
El monasterio y las palabras. Poesía. 1945
Cancionero de la Alcarria. 1948.
"Tres poemas galegos". Papeles de Son Armadans. 1957.
Reloj de arena, reloj de sol, reloj de sangre. 1989.
Poesía completa. 1996.
Romances de cego
La verdadera historia de Gumersinda Cosculluela, moza que prefirió la muerte a la deshonra. 1959
Encarnación Toledano o la perdición de los hombres. 1959
Viaje a U.S.A. 1965
Memorias
La rosa. 1959
Memorias, entendimientos y voluntades. 1993
Viaxes
Viaje a la alcarria. 1948
Ávila. 1952
Del Miño al Bidasoa. 1952
Judíos, moros y cristianos. 1956
Primer viaje andaluz. 1959
Páginas de geografía errabunda. 1965
Viaje al Pirineo de Lérida. 1965
Madrid. 1966
Barcelona. 1970
Nuevo viaje a la Alcarria. 1986
Galicia. 1990
Teatro
María Sabina. 1967
Homenaje a El Bosco I. El carro del heno o el inventor de la guillotina. 1969
Homenaje a El Bosco II. La extracción de la piedra de la locura o la invención del garrote. 1989
Lexicografía, etc.
Diccionario secreto (T. I, 1968; t. II 1971)
Enciclopedia del erotismo. 1976
Diccionario geográfico popular de España. 1998
Ensaio
Cuatro figuras del 98. Unamuno, Valle-Inclán, Baroja, Azorín y otros retratos y ensayos españoles. 1961
Al servicio de algo. 1969
Los vasos comunicantes: (ensayos, verdades y libertades). 1981
Conversaciones españolas. 1987
Obras adaptadas a cine e televisión
Pascual Duarte. 1976. Ricardo Franco, dir.
La insólita y gloriosa hazaña del cipote de Archidona. 1979. Ramón Fernández, dir.
La Colmena. 1982. Mario Camus, dir.
Del Miño al Bidasoa. 1990.
Recompilacións de artigos
Mesa revuelta. 1945
Cajón de sastre. 1957
La rueda de los ocios. 1957
Cuatro figuras del 98. 1961
Garito de hospicianos. 1963
Las compañías convenientes. 1963
Al servicio de algo. 1969
La bola del mundo. 1972
Los sueños vanos, los ángeles curiosos. 1979
Los vasos comunicantes. 1981
Vuelta de hoja. 1981
El juego de los tres madroños. 1983
El asno de Buridán. 1986
Desde el palomar de Hita. 1991
El camaleón soltero. 1992
El huevo del juicio. 1993
El bote pronto. 1994
El color de la mañana. 1996