Logo de que a pasada semana catro horas de xuntanza non servisen para tomar ningunha decisión, a Asociación Galega de Editores (AGE) elexiu onte unha directiva que continuará na liña da anterior baixo a dirección de Fabiola Sotelo. Con esta elección dase por rematada a crise que sacudÃa este colectivo e que ameazara con crear unha escisión no seo das editoras.
Fabiola Sotelo continúa
Na xutanza de onte presentábanse dúas listas á presidencia da Asociación. Por unha banda Fabiola Sotelo presidÃa unha proposta de directiva de carácter continuÃsta na que se integraban os representantes de Hércules Edicións, Edicións do Cumio, BaÃa Editorial Edicións do Tambre, Sálvora, Promocións Culturais Galegas e Toxosoutos. Fronte a eles houbo unha proposta alternativa encabezada por Alfonso GarcÃa, de Edicións Rodeira e na que participaban representantes de Kalandraka, Xerais e Everest.
Finalmente a lista de Fabiola Sotelo saÃu escolleita con doce votos a favor fronte ós nove que obtivo a lista alternativa. Do total dos vintetres membros da AGE, só un votou en branco.
Fin da crise
A pesar de que os membros da AGE acordaron manter en silencio contido das súas xuntanzas ata a vindeira convocatoria dunha rolda de prensa, a reelexida presidenta, Fabiola Sotelo, asegurou onte que a crise "pode darse por zanxada". Para a directora da Editorial Sotelo Blanco, "o principal froito" que se obtivo desta xuntanza é "a vontade de todos os asociados de traballar conxuntamente polo futuro da asociación e do libro galego".
Péchanse asà os rumores sobre unha posible escisión dentro da propia asociación ou a disolución da mesma, que se fixeron insistentes logo de que o pasado mes de decembro demitisen sete dos membros da súa directiva.
A nova directiva presentará agora un programa de consenso entre as diferentes posturas existentes na asociación que será debatido nunha futura xuntanza.
As discusións
As razóns da crise que sacudiu a AGE hai que buscalas nun enlazamento de varios factores. Por unha banda estase a vivir un descenso acusado, de arredor do 30% nas vendas das editoras galegas. Por outra, a creación dun consorcio editorial entre BaÃa, Promocións Culturais Galegas, Sotelo Blanco para publicar libros de texto creou tensións entre os membros da asociación. Para rematar, a adquisición directa de fondos por parte da Xunta a algunhas editoriais sen contar coa asociación e as acusacións de pouca transparencia na xestión da entidade axudaron a crear un clima de enfrontamento entre os memebros.