A xuntanza na que se debÃa decidir o futuro da Asociación Galega de Editores (AGE), sumida nunha forte crise por mor de disensións internas, rematou logo de catro horas sen que se chegase a ningunha conclusión. En poucos dÃas celebrarase unha xuntanza na que se decidirá a renovación da xunta directiva e o futuro da entidade.
Por que
As primeiras noticias sobre a crise na Asociación Galega de Editores xurdiron o pasado mes de novembro coa demisión de sete membros dos dez que compuñan a Xunta directiva, aÃnda que tres deles continuaron desenvolvendo o seu cargo en funcións. Entre as causas da crise atópanse diferencias de criterio á hora de levar a asociación e as reclamacións dunha maior claridade na xestión económica por parte dalgúns membros. Ademais, a creación dun consorcio editorial galego para facer libros de texto por parte de varias das empresas representadas e a compra por parte da Xunta de grandes lotes de libros a algunhas editoriais sen contar coa asociación foron outros dos factores que incrementaron a tensión no seo da mesma.
A xuntanza final
A xuntanza que se desenvolveu onte deberÃa ter servido para que os socios coñecese un informe económico no que se detallaban as contas da asociación. Unha comisión de catro membros da asociación encargouse de analizar polo miúdo os gastos da mesma, prestando especial atención ós realizados en concepto de gastos de representación e de directiva por Daniel rozado, secretario técnico da Asociación.
Partindo deste informe, os membros da asociación deberÃan decidir sobre a elección dunha nova xunta directiva, xa que na actualidade só tres membros, a presidenta Fabiola Sotelo, o vocal Xoán Pazos, de BaÃa Edicións, e o tesoureiro Xosé Puga de Promocións Culturais Galegas, continúan no seu posto mentres outros tres membros desenvolven os seus cargos en funcións.
Sen embargo, logo de catro horas de xuntanza, os editores non chegaron a ningunha conclusión sobre o seu futuro, polo que decidiron reunirse de novo nos vindeiros dÃas e non ralizar ningunha declaración sobre o contido da xuntanza de onte ata que se acade algunha decisión en firme.