Un pode chegar a pensar que a presentación dun libro é un acto rutinario, aburrido e monótono. Para evitar esa imaxe, numerosos autores que fan das presentacións pequenos shows. Escenarios alternativos, actuacións musicais, mesmo pezas teatrais converten o feito de dar coñecer un texto literario nun evento cultural. Hoxe facemos un pequeno repaso polas presentacións máis divertidas e orixinais que se teñen feito nos últimos tempos.
“O público dos actos culturais é moi frÃo e cando van á presentación dun libro, van como predispostos a algo serio e elevado”. O escritor, xornalista e crÃtico teatral Camilo Franco analiza asà o publico literario. E para descolocalo, na presentación de “Palabras contadas”(Xerais, 2006) acaba de sorprender cun “espectáculo” (malia que a el non lle guste esta etiqueta) irónico, divertido e, moi orixinal. Aproximadamente nunha hora Camilo vai recitando textos acompañados de música en directo e, de cando en cando, fai o que chama a proba da literatura galega. Non é máis que “probar se os libros arden ben, para o que pido a axuda do público” explica Camilo. Non é a única ocasión na que o autor, que sostén que os bos libros arden ben, demanda a axuda do seu público. Tamén lle pide “que escriban unhas palabras nunhas follas, das que se escollen dúas ao chou que me serven para construÃr un pequeno relato coas palabras que saÃron”. Na primeira presentación fixo do seu último libro (está previsto para xaneiro outra en Coruña (20), Santiago (25) e en Febreiro en Pontevedra, Vigo e Ferrol) as palabras escollidas foron “eufemismo e cogumelos”. Con elas, Camilo elaborou un pequeno relato que escribiu na primeira páxina dun libro. “Logo co libro fago unha pequena poxa porque claro, considero que é “unha peza única”. O seu primeiro libro subhastado custou 50 euros, cousa que non está nada mal xa que o libro vale nas librarÃas preto de quince. “O que se trata, explica Camilo, é de reactivar un acto que está moi adoutrinado.”
A música: protagonista estrela
A literatura e a música fan boas migas, e por iso a maior parte dos autores escollen ambientación musical para as súas presentacións. A poeta Lupe Gómez asegura que sempre lle gusta levar música consigo porque “lle dá sonoridade ás palabras, ademais de vida e alegrÃa”. E predica co exemplo, xa que cando deu a coñecer “Levantar as tetas” (Espiral Maior, 2004) fixo unha presentación con Patricia Blanco na que puña música e voz aos seus textos. Non é a única, outra poeta, MarÃa Lado converte as súas presentacións nunha festa arredor da palabra. “Entendo que escribir é unha cousa divertida e que forma parte da miña vida, e isto é o que pretendo transmitir nas miñas presentacións”. MarÃa organiza nas súas presentacións verdadeiras festas. Na presentación do seu terceiro poemario, “BerlÃn” (El Correo Gallego - Concello de Santiago de Compostela, 2005), MarÃa encheu o Casino de Santiago de globos de helio vermello. “No libro fálase do can imaxinario da protagonista que, en realidade, é globo de helio” motivo que a protagonista aproveitou para decorar o Casino. Polo demais, MarÃa tamén recoñece que nesta presentación quixo evitar os monólogos de presentación por iso “suprimÃn que falase os prologuistas os editores e o único que falou foi Néstor Rego (concelleiro de Cultura) pero pedinlle que acabase pronto”.
Estes son só un exemplo, Manuel Rivas, Diego Ameixeiras ou MarÃa do Cebreiro son outros autores que tamén teñen incorporado música nas súas presentacións dun xeito especialmente atractivo.
Pero hai quen vai moito máis alá, e achega a literatura con outras artes. Lupe Gómez amalgamou en “O útero dos cabalos” a súa poesÃa coa expresividade da bailarina Branca Novoneyra. “A poesÃa está moi relacionada coa danza, co corpo e propúxenlle a Branca que pensásemos como podiamos facer”. Fran Alonso fÃxolle un aceno ao teatro e presentou o seu libro “Males de Cabeza” (Xerais, 2001) cunha pequena especificación. Ademais, outras autoras como AntÃa Otero aproveitan o seu pasado teatral para darlle un toque escénico ás súas presentacións, máis plásticas e diferentes. Todo depende da creatividade, interese e ánimo que teña o autor porque o formato que teña cada presentación depende exclusivamente del.
Lugares con encanto
Grazas á presentación dos libros puidemos coñecer espazos que normalmente están pechados ao público. Coa “MelodÃa de dÃas usados” (Xerais, 2005) de Anxos Sumai descubrimos o xardÃn do Pazo da Maza en pleno casco histórico de Santiago. Manuel Rivas achegouse ata a Torre de Hércules na presentación da súa última novela “Os libros arden mal” (Xerais, 2006). E con Xosé Carlos Caneiro fomos por toda Galicia, Roma e Padua de bar en bar escoitando poemas prohibidos (o libro-disco titulábase “De bar en bar. Os poemas prohibidos” que editou Zouma Récords) cun guitarrista e cun frautista. Pero tamén houbo escenarios ficticios, como o Santiago universitario que Rosa Aneiros recreou cando deu a coñecer unha das súas primeiras novelas “Eu de maior quero ser...” (Sotelo Branco, 1999).
Por último, cómpre ter en conta que a presentacións dos libros están pensadas para darlle publicidade ás obras, que acabarán por traducirse nunha maior venda. Pero Camilo Franco considera que “a formula está un pouco esgotada e coido que hai que reinventala”.