Neste ano convocáronse arredor de 53 certames literarios. Non todos son iguais: uns premian con cartos, outros coa edición da obra, outros ambas as dúas cousas pero tamén os hai simplemente simbólicos. Escribir é unha tarefa difÃcil pero valorar e ponderar o que outros escribiron non o é menos. E non é sempre unha tarefa grata. AÃnda que son as menos veces, danse casos de presións e “recomendacións” que turban a liberdade dos xurados. Non é ouro todo o que reloce.
"Eu participaba por primeira vez nun xurado dun premio poético ao que se presentaron menos dunha ducia de traballos, dos que habÃa dous cunha calidade aceptable”. Ata o momento todo é correcto, pero o problema é cando LuÃs (nome ficticio porque prefire manter a súa identidade no anonimato), un dos membros do xurado asegura que “consideramos que non habÃa ningún que tivese a suficiente calidade como para levar o galardón e que era mellor deixalo deserto". Pero a unanimidade do xurado foi insuficiente para que a organización (unha entidade pública) "dixera que deixalo deserto desprestixiarÃao" asegura este escritor que no seu haber ten algún premio.
AsÃ, malia que o xurado tiña unha idea moi clara do que debÃan facer, tiveron que escoller a obra que lle parecÃa “menos mala”. Con moito máis percorrido nos xurados literarios, Belén (tampouco é un nome real porque, como ela mesma di “non me apetece criticar aos meus propios compañeiros”) comparte a mesma experiencia que LuÃs, pero vai moito máis alá. “Na xuntanza dun xurado, lembra Belén, cando todos, incluÃdo o organizador, estabamos de acordo en declaralo deserto, o editor – o premio ademais da contÃa económica (supera os 4.000 euros) supuña tamén a edición da obra- se negou a deixalo deserto e houbo que fallar”. Isto é unha cuestión que acontece con certa frecuencia e Rosa Aneiros, coñecida escritora que ten participado como xurado en boa parte dos premios literarios do paÃs, considera que “temos que perder o medo a deixar os premios desertos. Seguimos tendo ese complexo de que non somos un paÃs normalizado e por iso debemos conceder cada galardón”. Rosa diferencia entre os premios escolares, que na súa opinión se deben fallar sempre, dos grandes certames literarios que deben ser máis escrupulosos nas súas deliberacións. “Non só polo lector que despois poida ler o libro, senón pola propia dignidade do premio” asegura a escritora que considera que “os premios non son os que son en si mesmos, senón o que significan”.
Os detalles
Pero aÃnda máis raro é o que aconteceu noutro premio literario de novela no que, segundo conta Belén, “un dos membros do xurado "asegurou recibir presións dun dos autores que se presentaba ao premio”. Considera que non é un caso illado, que algunhas veces os escritores falan cos membros do xurado para “recomendar o seu libro”. En todo caso, unha das fontes consultadas asegura que “este ano os premios que se concederon non reflicten o bo que foi este ano a nivel literario coa aparición de libros como os de Suso de Toro (“O home sen nome”) ou de Manuel Rivas (Os libros arden mal)”
Belén, que considera que “o problema dos premios literarios chega cando hai cartos polo medio”, ten feito de “negro” para un membro do xurado. “Foi hai moitos anos asegura, pero un membro dun xurado non tiña tempo para ler todas as novelas que se presentaban a un coñecido certame e encargoume, por unha módica cantidade, a lectura da maior parte dos seus textos”. Este é un tema complexo porque, malia que pareza doado, un membro dun xurado precisa tempo. Rosa Aneiros explica que nos dous anos que "fun xurado do premio Blanco Amor estiven mes e medio lendo as vinte e cinco novelas que se presentaron daquela”. Rosa cobrou daquela por ler vinte e cinco novelas en mes e medio uns seiscentos euros. Pero non é unha práctica habitual, xa que hai certames literarios que non se lle paga aos membros do xurado polo seu traballo. É o caso dun dos premios máis cotizados como é o Xerais de Novela. Celia Torres, coordinadora dos premios explica que “é un traballo que serÃa impagable.Como non repetimos os membros do xurado sempre dicimos que é unha experiencia de vida, case única. Outra cousa serÃa que fose unha relación profesional”. Certo é que non lles pagan por ler o seu traballo, pero si que os convidan a un xantar, como na práctica totalidade de todos os premios.
Por outra banda, Xerais non repite os seus xurados nunca, unha práctica que Rosa Aneiros considera positiva porque cree que “os propios xurados condicionan os resultados, pero non porque exista preferencias, senón pola súa tendencia, entendido como os seus gustos”.
O procedemento
As persoas consultadas utilizan sempre un mesmo procedemento á hora de puntuar os seus textos. Belén valora a obra na súa unidade, “non me serve que o texto estea ben escrito aÃnda que o que conte sexa interesante, como tampouco que a historia sexa estupenda e o texto estea mal escrito”. Belén fai unha valoración en conxunto e, ademais vai facendo anotacións sobre o propio texto. Rosa Aneiros, pola súa parte, vai anotando cousas como “o estilo, vocabulario, linguaxe, lingua, novidade, paralelismo con outras obras....”. E, aÃnda no que coinciden todas as fontes consultadas, é que leron todos os libros de principio a fin e que, “na primeira páxina xa te das conta se é unha obra que paga a pena ou non”. De feito, na maior parte das ocasións, cando os xurados se reúnen por primeira vez (moitas veces única) para decidir o gañador, habitualmente todos teñen seleccionadas as mesmas obras. “Pode haber algunha variación, asegura Rosa Aneiros, pero poder ser unha obra ou dúas, como moito”.
Unha vez que cada un dos membros do xurado valora a tÃtulo individual os seus premios, os organizadores realizan unha ou varias xuntanzas para ir peneirando ata chegar ao gañador. Belén asegura que hai algún organizador que se encarga de facer cribas e que ten chegado a algún certame ao que lle deron os textos escolmados. Celia Torres de Xerais asegura que nalgunha ocasión a propia editorial ten feito unha selección previa, cando se trataban de moitos exemplares, en todo caso sempre coa intención de facilitar a tarefa do xurado.
Rosa Aneiros asegura que pasará algún tempo antes de que volva ser xurado dun premio literario, unha postura na que coincide con Belén e con LuÃs. Malia esta posición persoal os tres coinciden na necesidade dos mesmos no desenvolvemento do noso sistema literario.