Podemos pensar que somos totalmente libres á hora de escoller uns ou outros produtos culturais. No entanto a nosa posibilidade de escolla está determinada nunha grande medida das dispoñibilidade deses produtos no noso contorno próximo. A distribución de libros e de discos é un elo fundamental para o desenvolvemento dun sistema cultural. En Galicia, o sector está en plena transformación e os seus membros agoiran mudanzas inmediatas en canto a onde imos poder encontrar os produtos culturais galegos.
Almacéns, camións, envíos, albaráns... Por moito que a cultura sexa algo etéreo, unha boa parte dos seus soportes físicos precisan ser tratados do mesmo xeito que calquera outra mercadoría. Deste xeito libros, publicacións periódicas, revistas e filmes contan cos seus propios circuítos de distribución e venda e as súas peculiaridades. "O traballo dunha distribuidora é achegar o libro ao punto de venda" resume Alberto Pérez Abreu desde Arnoia Distribucións. Detrás deste axioma, tan sinxelo en aparencia, agóchase toda unha complexidade de matices. Retratar brevemente o mundo da distribución en Galicia é algo complicado. Debemos pensar que moitas das empresas que se dedican ao sector do libro no noso país reparten tamén filmes en DVD ou discos, e que compiten no noso mercado con firmas do exterior e mesmo cos servizos de distribución interna das cadeas de grandes superficies. Deste xeito, facerse unha idea xeral sobre números e os percorridos que seguen os nosos produtos culturais é verdadeiramente difícil. Á hora de dar algunhas pistas de como está o sector, podemos pensar que, segundo explica Manuel Casal, desde Grial Libros, "hai un certo minifundismo, contamos cunhas vinte e sete distribuidoras, pero tampouco son tantas se temos en conta o tamaño do país". Con tal cantidade, e como é de supor, atopamos un sector no que abondan as firmas de pequeno tamaño.
Algúns nomes
Pola súa magnitude, nos últimos anos está a destacar o proxecto de Arnoia, que en 2005 abriu novas instalacións e conseguiu facerse co reparto de firmas coma Edicións do Cumio, Toxosoutos, Rinoceronte, Alvarellos, Rodeira, Do Castro, Espiral Maior e da discográfica Ouvirmos. Outra grande firma do sector é o Consorcio Editorial, unha agrupación de empresas destinada a editar libros de texto e que distribúe en exclusiva os produtos dos seus membros, A Nosa Terra, Bahía e Sotelo Blanco, canda a outras entidades coma Lóstrego ou Difusora. De calquera xeito, debemos ter en conta que unha práctica moi estendida do noso país é que unha editora constitúa o seu propio sistema de distribución, que aproveita tamén en ocasións para repartir material alleo. É o caso, por exemplo, de Toxosoutos, Oqo, Kalandraka, Biblos, Nigra Trea, Nova Galicia ou Everest. Nalgúns casos, esta fórmula acada unha especial importancia no sector, como é o caso de Galaxia, que tamén reparte un bo número de empresas foráneas. Aínda hai casos, coma Xerais, que distribúen mediante Anaya, o seu grupo matriz, e moitas firmas que optan por empregar varias canles deste tipo para que o seu produto chegue ao público. Todo un sarillo, como se pode ver. En falando xa mais particularmente sobre discos, a cousa é aínda máis complicada, xa que, segundo Cándido Meixide, da Asociación Galega de Fonografistas, a situación neste sentido "é un pouco caótica", e a unha distribución convencional actualmente en crise súmase a venda e concertos e mesmo as librarías.
Cuestións de sector
Como factor diferencial no negocio respecto a outros ámbitos, Pérez Abreu salienta "o grande custo é o da devolución. O libro é un produto vivo que chega ao punto de venda e volta nunhas proporcións altísimas, sobre todo as novidades, que voltan á editora en máis dun cincuenta por cento". Polo xeral, son firmas do país as que se encargan de mover os libros galegos. "No libro galego non entra ninguén de fóra, ademais as editoras galegas non son exclusivistas, polo que traballan con varias distribuidoras. Unicamente as firmas integradas no Consorcio Editorial distribúen por esa única canle", apunta desde Arnoia. Onde si se dá máis a miúdo ese exclusivismo é en firmas foráneas, que en ocasións son as únicas canles que achegan ao noso país os produtos de determinadas editoras.
Particularidades galegas
A esta situación debemos engadir cuestións coma a dispersión de poboación do país. "O feito de que máis da metade dos núcleos de poboación do Estado estean en Galicia supón moitos máis custos para distribuír" salienta desde Arnoia Pérez Abreu, "ademais "non todas as librarías poden absorber toda a produción, hai núcleos cunha libraría moi pequena que non pode ter todas as novidades". Nese sentido, salienta as peculiares solucións que atopan estas empresas. "Nós temos hoxe máis de mil puntos de venda, moitos son quioscos, algúns son videoclubs, chegamos mesmo a sitios onde se venden o mesmo libros que ferramentas de labranza. De feito temos algún que é carnicería -libraría-videoclub, e son lugares onde o libro chega xunto con outros produtos, é o único xeito de que compense", explica.
O tamaño importa
Neste ámbito, como en todos os sectores empresariais, o tamaño dunha firma é un factor importante, aínda que a este respecto hai argumentos a prol e en contra de cal é a mellor magnitude. Desde Arnoia sinalan que "o custo de enviar unha unidade ao punto de venda é caro, entón para tentar minimizalo únense varias editoras para que o pedido cubra o custo mínimo do transporte",explica Pérez Abreu. "As distribuidoras máis grandes poden chegar a máis puntos, e para diluír o custo de transporte enviamos tamén produtos en castelán como xeito de chegar a todos os puntos con produtos galegos". Pola súa banda, desde unha firma de menor entidade, como é Grial Libros, Manuel Casal sinala as posibilidades que ofertan as empresas pequenas á hora de coidar o produto. "O problema da distribución non é loxístico, iso está superado e non se trata de conseguir chegar a un lugar. Do que se trata é que acada presenza nas librarías e nos medios", destaca, "e se represento tres fondos de editoriais poida que os defenda mellor nun mundo onde a oferta destes produtos supera a demanda. Nese sentido o mesmo unha empresa pequena faga mellor traballo que unha grande, que ten catrocentos fondos e só vai dar un servizo loxístico".
As temidas áreas comerciais
No que todos coinciden é en sinalar a preeminencia que as grandes superficies comerciais están a adquirir como centros de acceso aos produtos culturais, unha evolución que está detrás, en grande medida, da crise que acusa o sistema de distribución en Galicia. "Dese mediados dos anos noventa, coa chegada das grandes áreas comerciais, alterouse o sistema de distribución de música. As áreas seguen os produtos de grande venda e sofren unha forte presión comercial dos selos grandes, que impoñen criterios e introducen en paralelo outros produtos", explica Cándido Meixide desde o ámbito fonográfico. "Neste momento o monopolio da venda de discos téñeno as áreas comerciais, e tirando algunha concreta, tratan moi mal os produtos, non se coida o stock e o produto galego pode chegar, estar un mes, desaparecer e voltar máis tarde". Desde o sector do libro coinciden en boa medida coa análise, ao sinalar a dificultade para que os produtos culturais galegos acaden unha boa posición nestes espazos. "O sistema de grandes superficies só quere pór á vista o que vai vender. Teñen pouca gama de produto e moito volume, e aínda que moitos tentamos situar o produto galego, o poder de negociación é moi limitado", recoñece Pérez Abreu desde Arnoia. Segundo os fonografistas, esta mudanza provocou a práctica desaparición das tendas especializadas, un camiño que os distribuidores de libros agoiran tamén para as librarías.
O libro de texto tamén conta
En falando do libro, distribuidoras súmanse ás críticas que desde o sector se verten contra o sistema de gratuidade dos libros de texto. "A situación do sector é horrorosa" sentencia Manuel Casal desde Grial. "Hai un problema pola baixada de vendas que provocou o modelo de préstamo de libros", concorda Pérez Abreu. "minimiza as vendas, destrúe o tecido das librarías, e prímase a grande superficie. Ademais, antes os promotores movían canda ao libro de texto obras recomendadas de edición xeral, e agora está a diminuír en grande medida a venda do libro galego, que é o máis afectado pola situación". Neste sentido, Casal denuncia ademais que a cuestión "vese agravada pola parálise da administración nos últimos dous anos a este respecto".
Novas canles, novos puntos
Ante este panorama, desde Arnoia agoiran un proceso de concentración nas empresas do sector, e vaticinan ademais unha mudanza, fóra das áreas comerciais, na orientación dos espazos onde adquirimos estes produtos culturais. "A especialización deu na morte de moitas tendas, como está a ser o caso das de música. Entón a tendencia será á inversa, os establecementos multiproduto que se acheguen máis ao público e sexan puntos de ocio, con música, DVD ou libros ", salienta Pérez Abreu. A proposta lémbranos inmediatamente os grandes centros comerciais FNAC, especializados en produtos de entretemento e cultura, pero tamén as xa tradicionais Galerías Sargadelos. "A idea é aproveitar o movemento da xente para que unha vez que estea dentro da tenda poida mercar calquera outro produto no lugar". Pola súa banda, desde o mercado musical, apúntanse tamén tendencias semellantes, e recoñecen que parte das súas novidades xa van directamente a librarías.
Tendas turísticas e feiras
"Estamos a tentar reactivar a distribución en vilas onde non hai xa unha tenda de música. Pensamos en que, se non unha tenda en si, que exista un lugar onde a persoa interesada poida encontrar ou pedir un disco", apunta Cándido Meixide. Canda a estas propostas, recoñece a importancia que están a acadar para o sector, especialmente no campo da música folk, as "tendas que traballan fundamentalmente con turismo, e a nivel de rock, funciona especialmente a venda nalgúns bares". Canda a isto, os discos que se venden "en quente", é dicir, nos propios concertos dos artistas, son unha das saídas máis destacadas, e aínda apunta o nicho que supón a venda en feiras e romarías: "É un circuíto que vende moito, pero tamén esixen un prezo moi baixo, polo que en moitas ocasións chéganlles subprodutos como grandes éxitos e mesmo material pirateado". E todo isto, sen entrarmos nas posibilidades de distribución por Internet, que evidentemente ameazan con modificar de xeito substancial o noso acceso aos produtos culturais. Desde a descarga de contidos ata a e edición á carta, as posibilidades son tantas que se fai difícil agoirar o futuro. Polo momento, xa se sabe, mellor montar unha tenda multiproduto do que unha libraría convencional.