AÃnda se lles lembra. Algúns dos seus versos circulan aÃnda de bar en bar, de blog en blog. Idolatrados, reivindicados coma os rebeldes da nosa poesÃa, son, no entanto pouco coñecidos como grupo. Hai vinte anos Ronseltz botaba a andar na Coruña como un grupo de universitarios cunha visión pouco seria do panorama cultural do paÃs. A poesÃa,o humor e a irreverencia foron as súas armas. Hoxe, despois de desaparecidos, continúan a dar guerra desde a tumba.
Estamos en 1985, na Coruña. Uns cantos estudantes de FiloloxÃa residentes no Colexio Universitario da Coruña, habituais do bar Borrazás, arranxan como tantos outros o mundo e o panorama cultural galego en improvisados debates a pé de mesa. Pero acontece que cinco deles, sexa porque están máis encabuxados que o resto, sexa porque teñen máis que dicir, dan un paso adiante, únense e prepáranse para publicar unha revista poética en fotocopias. Son Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes (Miki Nervio) e Xoán Carlos RodrÃguez. "Bobada tras bobada as persoas con sentido común van deixando de ir ás reunións e queda o núcleo. Ronseltz, un nome que nace nunha desas tardes de outono, non me acordo en que rolda de cervexas", rememora Cordal ese nacemento. "Só pretendÃa ser un xogo de palabras de dubidoso gusto. Probamos o cóctel, ron con sifón, no primeiro recital". Efectivamente, o nome, ademais de a tan curioso combinado, facÃa referencia directa a "Ronsel", histórica revista poética da vangarda galega dos anos vinte, homónima para máis dunha colección lÃrica que daquela editaba Galaxia. Ao principio só sabiamos que habÃa que montar unha revista. Despois foi xurdindo algo que non é fácil de explicar porque tampouco estaba premeditado", lembra Cordal, a coincidir coas lembranzas de Manolo Cortés: "No lugar de manexar nós a revista e o proxecto, aquilo manexounos a nós".
Rachar con todo
Con tan excelsos orixes, non nos debe estrañar o sentido que rapidamente colleu a carreira do grupo. "O primeiro recital marcou a liña", lembra Cordal. "Sen sabelo de todo xurdiu a parodia daquilo que non querÃamos ser en absoluto". Segundo explica Chus Nogueira, crÃtica literaria, "a Ronseltz caracterizouno para min a ironÃa e a desacralización, o xeito de ler os clásicos sen prexuÃzos, algo que ás veces resultaba ferinte ou provocador. Foi un xeito de baixar a poesÃa dos altares", completa. Nese sentido, os membros do grupo coinciden en sinalar o contexto poético do momento como un detonante da iniciativa. "Xurdiu como xorden estas cousas, como un xeito de contestación e protesta. Estábamos nun ambiente universitario nunha cidade onde proliferaban os poetas e os recitais. E con dezaoito e dezanove anos que tÃñamos daquela, o que che pasa pola cabeza é facer algo diferente", lembra Manolo Cortés. Segundo Cordal "producÃanos moito aburrimento o panorama poético coruñés e galego deses anos", e Miki Nervio apunta que "era unha época en que todo estaba bastante anquilosado e os recitais tiñan unha liña moi aburrida. Era achegarse a un local para escoitar xente largando unha leria poética cando ao mellor a xente non se decataba de nada e era máis pose do que outra cousa", sinala. "Estábamos cansos de toda esta historia, que chamábamos `cultura do sobaco´, os intelectuais que paseaban cos folios debaixo do brazo a ollar o teito". Xoán Carlos RodrÃguez, pola súa banda, lembra que "foi unha época de dureza na resposta ao que habÃa. Estábamos contra o que xa estaba alà e o mundo que nos tocaba vivir".
Recitais
Fronte a aquilo, o grupo lanzou unha proposta decididamente iconoclasta, onde a parodia dos xéneros e dos autores máis consagrados eran unha constante, e o humor e a irreverencia armas fundamentais. "Lembro un dos primeiros recitais no Colexio Universitario", sinala Miki Nervio. "En vez de recitar, entramos e puxémonos a tirar dados cun gobelete sen dicir nada. O sitio estaba abarrotado, e logo dun cuarto de hora asÃ, a xente empezou a escachar de risa, foi un momento moi bonito". Como se pode ver, as vangardas poéticas foron unha influencia destacada no grupo. "Non inventábamos nada, xa o fixeran os dadaÃstas en Europa nos comezos do século", apunta Cordal, "o discurso de `Ronseltz, grupo de vangarda´ e tal era irónico". Os recitais foron, desde aquel 1985, o grande cabalo de batalla do grupo, que se deu a coñecer por todo o paÃs con este medio. "En todos habÃa unha grade dose de improvisación, cada un tiraba por onde máis lle Ãa a inspiración. HabÃa momentos en que parecÃa que Miki era quen tiña máis esplendor e noutros Cordal atacaba coa súa ironÃa demoledora. Éramos todos diferentes e nada convencionais", rememora Serxio Iglesias.
Revulsivos
Ameazar ao UxÃo Novoneyra de "Os eidos" con lle facer a parcelaria na paisaxe do Courel, recuperar actualizado un dos pictogramas de Manuel Antonio, onde a RÃa de Arousa aparece como un escenario de narcotráfico con praias ateigadas e non moi limpas, xogar coas cantigas medievais, como a coñecida "Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo:/ que marchei"... As propostas foron do máis variadas. "No colexio universitario fixéronse unha serie de recitais onde nos Ãamos embebedando segundo avanzaban, e o recital finalizaba cando marchaba a xente", lembra Manolo Cortés. "Fernán Vello apuntara na época que éramos máis happening do que poesÃa e, a verdade, e visto con tempo, penso que acertou plenamente", completa.
Influencias
"Daquela tivemos moi pouco apoio da crÃtica, non gustou en certas esferas. Pero si tivo éxito por institutos do paÃs e fóra, o achegamento co público era bo", lembra Serxio Iglesias. "Non estaba en nós reivindicar nada, o uso do idioma falaba e segue falando en moitos aspectos por si só. Alén da cuestión normativa, a nosa tradición era a lingua oral, a da casa, a da rúa, un modelo urbano e vivo, e con ela o que nos chegara nese mesmo contexto: Andrés Dobarro, Pucho Boedo, Ana Kiro, Suso Vaamonde... Nos bares da Coruña hai moito xenio anónimo, que fala con voz de coñac e cospe de lado, que peta na barra e asegura: `cho digo eu, neno!´. Esa era a nosa tradición", declara Cordal. Canda ás barras dos bares, a lista de influencias é longa. "LÃamos Manuel Antonio, por suposto, e a Francisco Ibáñez", completa Cordal. "Cada un tiña os seus gustos, e desta lista varios membros de Ronseltz abxurarÃan inmediatamente", recoñece. En efecto, existen matices sobre as fontes do grupo. "Hai xente con reministencias da literatura galega, sobre todo Cordal. Eu lÃa máis ben narrativa americana máis do que poesÃa, e influÃame moito o blues e a música. Toda a cultura musical, tamén anglosaxona incorporouse no tema da posta en escena dos recitais", apunta Nervio. "Unha boa definición é que Ronseltz conxugaba Eric Clapton con Avelino Cachafeiro", sentencia Xoán Carlos.
E máis influencias
Do mesmo xeito que diferentes crÃticos despois, algún dos membros reivindica a herdanza do grupo poético Rompente, que poucos anos antes de xurdir Ronseltz deixara de existir. "Non éramos pioneiros, antes de nós estaba Rompente. Penso que lle demos un toque diferente, tamén porque xa coñecÃamos o que fixeran", recoñece Miki Nervio. Con el coincide, por exemplo, Serxio Iglesias: "Rompente tivera unha grande influencia. Eles apuntaban, con máis calidade literaria do que nós, esas vÃas de escape como moi necesarias, xogar un pouco a rachar os mitos". Pola súa banda Manolo Cortés achega un punto desmitificador sobre o propio grupo no que tamén concordan en boa medida os seus compañeiros: "Isto soa moi idÃlico e moi teórico, pero na realidade foi todo froito dunha inconsciencia. Ninguén tiña realmente claro o que pasaba nin pensaba que alguén nos poderÃa chamar vinte anos despois para facer unha reportaxe, ou que saÃrÃamos nos libros de texto".
Transcendencia
De feito, no grupo tiñan a broma de que querÃan chegar a saÃr nos catecismos, alén de nos manuais escolares. Se ben aÃnda non chegaron ao primeiro, é certo que na actualidade Ronseltz aparece mencionado nos temarios de instituto. Encol da transcendencia que acadou o colectivo, Iglesias salienta que "cumpriu unha función necesaria, quizais cun ton frÃvolo que puido ter que ver con excesos de xuventude, pero tivemos certa lucidez para achegar un momentiño crÃtico dentro dun panorama moi uniforme, daquela literatura de postÃn". Pola súa banda, Nervio apunta que "foi un momento necesario, quizais fixese falla un movemento semellante hoxe, a literatura acaba indo sempre aos canons e só de cando en cando saen pequenos elos da cadea". Cordal, pola súa banda, ten a sensación de que "público dos recitais á parte, foi mellor comprendido nos últimos dez anos do que nos oitenta. Cheira a reseso que parte da crÃtica siga identificando poesÃa dos oitenta con neodecadentismo e a nós nos metan con xente que veu despois, Ronseltz é poesÃa dos oitenta". Sobre esta aposta conseguiu mudar algo o panorama, Cordal teno claro: "Agora todo o mundo é riquiño, ninguén vai de poeta solemne, non sendo que aspire a traballar no Instituto Cervantes".
Produción e feche
Segundo recompila Serxio Iglesias, a escolma final do traballo "foron tres revistas con manifestos e tal, uns cincuenta ou sesenta recitais e, cando xa rematara todo isto, editouse `Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados´ en Edicións Positivas". Efectivamente, o primeiro libro do grupo, publicado en 1994, foi tamén o seu test
Escolma de Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados.Estamos en 1985, na Coruña. Uns cantos estudantes de FiloloxÃa residentes no Colexio Universitario da Coruña, habituais do bar Borrazás, arranxan como tantos outros o mundo e o panorama cultural galego en improvisados debates a pé de mesa. Pero acontece que cinco deles, sexa porque están máis encabuxados que o resto, sexa porque teñen máis que dicir, dan un paso adiante, únense e prepáranse para publicar unha revista poética en fotocopias. Son Xabier Cordal, Manolo Cortés, Serxio Iglesias, Miguel Montes (Miki Nervio) e Xoán Carlos RodrÃguez. "Bobada tras bobada as persoas con sentido común van deixando de ir ás reunións e queda o núcleo. Ronseltz, un nome que nace nunha desas tardes de outono, non me acordo en que rolda de cervexas", rememora Cordal ese nacemento. "Só pretendÃa ser un xogo de palabras de dubidoso gusto. Probamos o cóctel, ron con sifón, no primeiro recital". Efectivamente, o nome, ademais de a tan curioso combinado, facÃa referencia directa a "Ronsel", histórica revista poética da vangarda galega dos anos vinte, homónima para máis dunha colección lÃrica que daquela editaba Galaxia. Ao principio só sabiamos que habÃa que montar unha revista. Despois foi xurdindo algo que non é fácil de explicar porque tampouco estaba premeditado", lembra Cordal, a coincidir coas lembranzas de Manolo Cortés: "No lugar de manexar nós a revista e o proxecto, aquilo manexounos a nós".
Rachar con todo
Con tan excelsos orixes, non nos debe estrañar o sentido que rapidamente colleu a carreira do grupo. "O primeiro recital marcou a liña", lembra Cordal. "Sen sabelo de todo xurdiu a parodia daquilo que non querÃamos ser en absoluto". Segundo explica Chus Nogueira, crÃtica literaria, "a Ronseltz caracterizouno para min a ironÃa e a desacralización, o xeito de ler os clásicos sen prexuÃzos, algo que ás veces resultaba ferinte ou provocador. Foi un xeito de baixar a poesÃa dos altares", completa. Nese sentido, os membros do grupo coinciden en sinalar o contexto poético do momento como un detonante da iniciativa. "Xurdiu como xorden estas cousas, como un xeito de contestación e protesta. Estábamos nun ambiente universitario nunha cidade onde proliferaban os poetas e os recitais. E con dezaoito e dezanove anos que tÃñamos daquela, o que che pasa pola cabeza é facer algo diferente", lembra Manolo Cortés. Segundo Cordal "producÃanos moito aburrimento o panorama poético coruñés e galego deses anos", e Miki Nervio apunta que "era unha época en que todo estaba bastante anquilosado e os recitais tiñan unha liña moi aburrida. Era achegarse a un local para escoitar xente largando unha leria poética cando ao mellor a xente non se decataba de nada e era máis pose do que outra cousa", sinala. "Estábamos cansos de toda esta historia, que chamábamos `cultura do sobaco´, os intelectuais que paseaban cos folios debaixo do brazo a ollar o teito". Xoán Carlos RodrÃguez, pola súa banda, lembra que "foi unha época de dureza na resposta ao que habÃa. Estábamos contra o que xa estaba alà e o mundo que nos tocaba vivir".
Recitais
Fronte a aquilo, o grupo lanzou unha proposta decididamente iconoclasta, onde a parodia dos xéneros e dos autores máis consagrados eran unha constante, e o humor e a irreverencia armas fundamentais. "Lembro un dos primeiros recitais no Colexio Universitario", sinala Miki Nervio. "En vez de recitar, entramos e puxémonos a tirar dados cun gobelete sen dicir nada. O sitio estaba abarrotado, e logo dun cuarto de hora asÃ, a xente empezou a escachar de risa, foi un momento moi bonito". Como se pode ver, as vangardas poéticas foron unha influencia destacada no grupo. "Non inventábamos nada, xa o fixeran os dadaÃstas en Europa nos comezos do século", apunta Cordal, "o discurso de `Ronseltz, grupo de vangarda´ e tal era irónico". Os recitais foron, desde aquel 1985, o grande cabalo de batalla do grupo, que se deu a coñecer por todo o paÃs con este medio. "En todos habÃa unha grade dose de improvisación, cada un tiraba por onde máis lle Ãa a inspiración. HabÃa momentos en que parecÃa que Miki era quen tiña máis esplendor e noutros Cordal atacaba coa súa ironÃa demoledora. Éramos todos diferentes e nada convencionais", rememora Serxio Iglesias.
Revulsivos
Ameazar ao UxÃo Novoneyra de "Os eidos" con lle facer a parcelaria na paisaxe do Courel, recuperar actualizado un dos pictogramas de Manuel Antonio, onde a RÃa de Arousa aparece como un escenario de narcotráfico con praias ateigadas e non moi limpas, xogar coas cantigas medievais, como a coñecida "Ondas do mar de Vigo/ se vistes meu amigo:/ que marchei"... As propostas foron do máis variadas. "No colexio universitario fixéronse unha serie de recitais onde nos Ãamos embebedando segundo avanzaban, e o recital finalizaba cando marchaba a xente", lembra Manolo Cortés. "Fernán Vello apuntara na época que éramos máis happening do que poesÃa e, a verdade, e visto con tempo, penso que acertou plenamente", completa.
Influencias
"Daquela tivemos moi pouco apoio da crÃtica, non gustou en certas esferas. Pero si tivo éxito por institutos do paÃs e fóra, o achegamento co público era bo", lembra Serxio Iglesias. "Non estaba en nós reivindicar nada, o uso do idioma falaba e segue falando en moitos aspectos por si só. Alén da cuestión normativa, a nosa tradición era a lingua oral, a da casa, a da rúa, un modelo urbano e vivo, e con ela o que nos chegara nese mesmo contexto: Andrés Dobarro, Pucho Boedo, Ana Kiro, Suso Vaamonde... Nos bares da Coruña hai moito xenio anónimo, que fala con voz de coñac e cospe de lado, que peta na barra e asegura: `cho digo eu, neno!´. Esa era a nosa tradición", declara Cordal. Canda ás barras dos bares, a lista de influencias é longa. "LÃamos Manuel Antonio, por suposto, e a Francisco Ibáñez", completa Cordal. "Cada un tiña os seus gustos, e desta lista varios membros de Ronseltz abxurarÃan inmediatamente", recoñece. En efecto, existen matices sobre as fontes do grupo. "Hai xente con reministencias da literatura galega, sobre todo Cordal. Eu lÃa máis ben narrativa americana máis do que poesÃa, e influÃame moito o blues e a música. Toda a cultura musical, tamén anglosaxona incorporouse no tema da posta en escena dos recitais", apunta Nervio. "Unha boa definición é que Ronseltz conxugaba Eric Clapton con Avelino Cachafeiro", sentencia Xoán Carlos.
E máis influencias
Do mesmo xeito que diferentes crÃticos despois, algún dos membros reivindica a herdanza do grupo poético Rompente, que poucos anos antes de xurdir Ronseltz deixara de existir. "Non éramos pioneiros, antes de nós estaba Rompente. Penso que lle demos un toque diferente, tamén porque xa coñecÃamos o que fixeran", recoñece Miki Nervio. Con el coincide, por exemplo, Serxio Iglesias: "Rompente tivera unha grande influencia. Eles apuntaban, con máis calidade literaria do que nós, esas vÃas de escape como moi necesarias, xogar un pouco a rachar os mitos". Pola súa banda Manolo Cortés achega un punto desmitificador sobre o propio grupo no que tamén concordan en boa medida os seus compañeiros: "Isto soa moi idÃlico e moi teórico, pero na realidade foi todo froito dunha inconsciencia. Ninguén tiña realmente claro o que pasaba nin pensaba que alguén nos poderÃa chamar vinte anos despois para facer unha reportaxe, ou que saÃrÃamos nos libros de texto".
Transcendencia
De feito, no grupo tiñan a broma de que querÃan chegar a saÃr nos catecismos, alén de nos manuais escolares. Se ben aÃnda non chegaron ao primeiro, é certo que na actualidade Ronseltz aparece mencionado nos temarios de instituto. Encol da transcendencia que acadou o colectivo, Iglesias salienta que "cumpriu unha función necesaria, quizais cun ton frÃvolo que puido ter que ver con excesos de xuventude, pero tivemos certa lucidez para achegar un momentiño crÃtico dentro dun panorama moi uniforme, daquela literatura de postÃn". Pola súa banda, Nervio apunta que "foi un momento necesario, quizais fixese falla un movemento semellante hoxe, a literatura acaba indo sempre aos canons e só de cando en cando saen pequenos elos da cadea". Cordal, pola súa banda, ten a sensación de que "público dos recitais á parte, foi mellor comprendido nos últimos dez anos do que nos oitenta. Cheira a reseso que parte da crÃtica siga identificando poesÃa dos oitenta con neodecadentismo e a nós nos metan con xente que veu despois, Ronseltz é poesÃa dos oitenta". Sobre esta aposta conseguiu mudar algo o panorama, Cordal teno claro: "Agora todo o mundo é riquiño, ninguén vai de poeta solemne, non sendo que aspire a traballar no Instituto Cervantes".
Produción e feche
Segundo recompila Serxio Iglesias, a escolma final do traballo "foron tres revistas con manifestos e tal, uns cincuenta ou sesenta recitais e, cando xa rematara todo isto, editouse `Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados´ en Edicións Positivas". Efectivamente, o primeiro libro do grupo, publicado en 1994, foi tamén o seu test
de Colectivo Ronseltz